Ola!
Xa tedes as bases para participar no II Concurso de Fotografía Olladas: Mirei ao ceo e vin.
Animádevos a participar!
Dinamización da Lingua Galega do CEIP plurilingüe de Conmeniño
Ola!
Xa tedes as bases para participar no II Concurso de Fotografía Olladas: Mirei ao ceo e vin.
Animádevos a participar!
Ola!
Achégase o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, e coma sempre imos celebralo por todo o alto.
Neste 2024 a homenaxeada é Luisa Villalta, grande defensora da nosa cultura e da nosa lingua.
Se queredes saber un pouquiño sobre a súa vida, podedes ver o vídeo que aparece a continuación:
Ademais, nas seguintes ligazóns atoparedes unha chea de xogos interactivos para pór a proba os vosos coñecementos sobre a autora.
Ah! E estade atentos ao blog porque haberá sorpresas con moito ritmo 🎵🎵🎵
E ata aquí podemos ler!
Apertas de bolboreta poeta! 🦋
O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊
Ola!
Pinchanogrove puxo en marcha un concurso para que as nenas e os nenos recrearan a Pinchiño, a mascota do certame de degustación de pinchos que organiza o Concello de O Grove.
Para elaborar a mascota, a cativada tivo que empregar material de refugallo e pór a creatividade e o enxeño en marcha.
Aquí vos deixamos os Pinchiños tan feitiños produto desta actividade tan chula.
Grazas a todas as familias por participar e colaborar 💝
Ola!
O alumnado de 6º curso participou nun Escape Room organizado polo Concello do Grove, no que tiveron que resolver distintos enigmas relacionados coa igualdade e sobre as distintas manifestacións da violencia machista.
Analizaron prexuízos, estereotipos e mitos asociados á igualdade, así como a evolución neste eido nos últimos anos.
Ola rapazada!
Para festexar o Día das Artes Galegas convertímonos en perfectos escultores durante unhas horas.
Coma ben sabedes, este ano o artista homenaxeado é Francisco Asorey, o escultor cambadés. Así que puxémos mans á obra e velaí tedes o resultado.
O pasado mes, en colaboración co Concello do Gorve, o alumnado de 3º e 6º acudiu ao auditorio para gozar da obra "Saaabor", un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e colaboración co público (como podedes ver a Daniel do 3º curso, subido ao escenario, nunha das fotos).
Amiguiñas e amiguiños
do cole de Conmeniño,
bótadelle unha ollada ás creacións
que a cativada fixo con tanta ilusión.
Cantos poemas aprenderon
dos grandes escritores galegos.
Que versos tan feitiños
recitaron os nosos miniños!
Se os queredes escoitar
o QR teredes que activar,
como fixo de Bizocas o alumnado
para poder gozar deste agasallo.
Grazas a todas e a todos de corazón
por poñer tanta ilusión.
O 21 de marzo
ou calquera outro día
que non falte a poesía 🤩
Apertas de bolboreta
para todas e todos os poetas! 🦋💛
Ola!
Deixamos por aquí a ligazón do blog do CEIP de As Bizocas para que poidades ver e gozar cos poemas que elaborou o alumnado do Club de Lectura para o Día da Poesía.
Preme aquí para ver os video-poemas
Grazas, compañeiras e compañeiros. E parabéns polo voso traballo!
Apertas de bolboreta dos vosos compas do Conmeniño 🦋