sábado, 25 de novembro de 2023

XOGOS POPULARES

Semana de xogos populares e tradicionais prestados polo concello do Grove. Detrás desta gran colección está Cándido Mascato, autor da boa parte dos 130 xogos que forman a extensa e completa colección do concello meco.

Mestras e mestres, nenase nenos, persoal do centro... todos aproveitamos e gozamos dos xogos volvendo ás nosas raíces e sen esquecer que todas e todos temos dereito a XOGAR!






O alumnado de 6º curso botoulles unha man ás nenas e nenos de 4º e 5º de Educación Infantil, ou a todo aquel que o precisou.

Dende logo foron unhas xornadas moi divertidas e colaborativas, nas que aprendemos moito e unha vez máis tivemos a oportunidade de valorar o valioso 💙





Apertas de bolboreta! 🦋

FESTA DO MAGOSTO

Coma todos os anos, no mes de novembro celebramos o Magosto.

Unha vez máis, o noso querido Tin veu coa súa locomotora a asar unhas deliciosas castañas e a contarnos unha chea de cousas sobre o seu oficio e experiencia.



Despois de comer ata fartar e xogar un pouco, xuntámonos todos no patio para bailar e cantar "Tres castañas polo chan".

   

Ademais, durante esa semana tivemos a sorte de ter no noso centro unha morea de xogos populares, elaborados polo artesán Cándido Mascato.

Máis para poder ver toda esta experiencia lúdica teredes que agardar á seguinte publicación 😉

Feliz Magosto!

Apertas de bolboreta larpeira! 🦋

martes, 7 de novembro de 2023

BAILAMOS?

 Ola!

Deixámosvos o musicograma da canción que imos bailar o xoves para que a practiquedes nas aulas:

Tamén podedes ver o baile completo que grabou o alumnado de 4º de EP, para que vos fagades unha idea de como vai ser a coreografía.

Preme aquí para ver o vídeo

Despois de degustar as castañas e gozar do tempo de lecer no patio, en canto sone o timbre xuntarémonos todos no campo de herba (agás que o tempo non o permita e teñamos que ir ao pabillón).

Unha vez reunidos, faremos tres equipas para bailar:

  • 4º de EI + 3º e 6º de EP
  • 5º de EI + 2º e 5º de EP
  • 6º de EI + 1º e 4º de EP
De seguro ha ser ben divertido e aos máis pequenos vailles facer moita ilusión bailar cos maiores do cole.

Apertas de bolboreta bailonga! 🦋

luns, 6 de novembro de 2023

QUE SABES DO MAGOSTO?

 Ola!

Seguro que xa sabedes unha chea de cousas do Magosto, máis premede no vídeo a ver se desta volta descubrides cousas novas!

E agora, que vos parece xogar un pouco? Seredes quen de completar todas as misións!

De seguro que siii!

Agardamos que resolvérades todas as probas e gozárades moito.

Apertas de bolboreta! 🦋

É TEMPO DE MAGOSTO

 Ola!

Achégase a celebración do Magosto e disque unha festa sen música non é festa nin é nada, non si?

Pois a mover o corpo, que con este frío boa falta nos fai!

E agora que xa fixemos o quecemento, podedes elexir entre unha chea de actividades elaboradas polas equipas de Dinamización da Lingua Galega de diferentes centros educativos da Coruña. Adiantámosvos que son ben interesantes e divertidas. Botádelle unha ollada!


Aviso a navegantes! Se queredes descargar o Pdf, premede na ligazón: Actividades MAGOSTO

Estade atentos estes días, porque haberá algunha que outra cousiña interesante por aquí.

Apertas de bolboreta! 🦋

xoves, 2 de novembro de 2023

FESTEXAMOS O SAMAÍN

Olaaa!

Queredes saber como foi a festa do Samain no noso cole? Botamos a casa por fóra!

Unha entrada arrepiante, Contos na lareira, merendas terroríficas, entrega de premios dos concursos de debuxos e de microrrelatos... E monstros, unha chea de monstros que invadiron aulas, corredores, patio... 

Se queredes ver un resumo da xornada, premede no vídeo tan chulo que fixeron as compas de TIC 👏👏👏

Grazas unha vez máis pola vosa participación e colaboración, familias! Pasamos unha mañá moi divertida e gorentosa! Parabéns polas vosas merendas terroríficas!

Apertas de polilla defunta! 🦋