venres, 22 de maio de 2026

MASCOTA DO EDLG DO SALNÉS!


 

Na comarca do Salnés temos un novo proxecto para dinamizar a lingua galega. Preme AQUÍ se queres ver de que se trata...

CORRELINGUA 2026!!!

 Na xornada de onte, os cursos de 4º, 5º e 6º de EP, participaron na XXVI edición do Correlingua, unha andaina pola defensa da lingua galega.  Aquí vos deixamos unha pequena síntese de como transcurriu a xornada!












mércores, 20 de maio de 2026

DÍAS DAS LETRAS GELEGAS!!!

 Este ano, visitounos o CEIP As Bizocas para conmemorar o día das Letras Galegas. Recibímolos con xogos, tivemos unha actuación do grupo Cinco en Zocas, cantamos todos xuntos a "Somos os Mecos do Grove"... Por moitas convivencias máis!!!






















xoves, 23 de abril de 2026

VISITA DE BRUNO PADÍN PORTELA!!!

 Tivemos unha visita moi especial! O historiador Bruno Padín, contounos moitas cousas da historia do Grove partindo de imaxes onde afondamos nas nosas raíces e en como vivían as xentes do pobo na antigüedade. Deixounos unha dedicatoria no noso libro de visitas. Convidámosvos a visitar a biblioteca e ler o que nos escribiu!






venres, 27 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA!

Este ano, o día da poesía, celberámolo no centro cunha sesión de micro aberto, no que o alumnado se achegou a nos recitar os seus poemas favoritos. 






CÓNTOCHE UN TRAXE!

 Hoxe descubrimos da man de Montse, como se vestían os nosos devanceiros. Que materias primas utilizaban, os tipos de teas que usaban; que prendas vestían e o nome que tiñan, como se poñían... as diferenzas entre a roupa de home e de muller, os motivos desas diferenzas... Cancións relacionadas coa roupa... Foi toda unha experiencia! Moitas grazas, Montse por achegarnos un anaquiño da nosa cultura!

























luns, 23 de marzo de 2026

Poema de Rosalía: Unha vez tiven un cravo.

Preme aquí para ver o recitado do poema de Rosalía de Castro, Unha vez tiven un cravo, polo alumnado de 6º EP. Agardamos que vos guste!


SEMANA DA PRENSA


Aquí vos dixamos esta divertida actividade para conmemorar a Semana da Prensa, na que o alumnado de 5º EP, nos achega unhas sorprendentes noticias partindo de contos clásicos!
Agardamos que vos gusten!