Este ano, o día da poesía, celberámolo no centro cunha sesión de micro aberto, no que o alumnado se achegou a nos recitar os seus poemas favoritos.
Ligazóns CEIP Plurilingüe de Conmeniño
venres, 27 de marzo de 2026
CÓNTOCHE UN TRAXE!
Hoxe descubrimos da man de Montse, como se vestían os nosos devanceiros. Que materias primas utilizaban, os tipos de teas que usaban; que prendas vestían e o nome que tiñan, como se poñían... as diferenzas entre a roupa de home e de muller, os motivos desas diferenzas... Cancións relacionadas coa roupa... Foi toda unha experiencia! Moitas grazas, Montse por achegarnos un anaquiño da nosa cultura!
luns, 23 de marzo de 2026
Poema de Rosalía: Unha vez tiven un cravo.
Preme aquí para ver o recitado do poema de Rosalía de Castro, Unha vez tiven un cravo, polo alumnado de 6º EP. Agardamos que vos guste!
SEMANA DA PRENSA
luns, 16 de marzo de 2026
Contos de Tíralle da Lingua
Aquí vos deixamos o enlace no que están publicados os contos presentados ao concurso "Tíralle da Lingua", no que participou o noso cole co conto Os tres cabritiños, contado por Lucía, Vera e Adael, de 3º de EP. Agardamos que vos gusten!
venres, 13 de marzo de 2026
CELEBRACIÓN DO 8M NO CEIP PL CONMENIÑO!
Este ano, celebramos o 8M cunha actividade cooperativa viaxando pola Historia para descubrir o importante papel da muller ao longo das diferentes épocas!
Preme AQUÍ para ver o vídeo






.jpeg)













