mércores, 30 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Queridas e queridos apaixoados da Ciencia,

Que ben o pasamos este mes e canto aprendemos!

Para enchouparnos ben de coñecemento e experimentar tanto no cole como na casa, puxemos á disposición do alumnado unha chea de libros sobre diferentes ramas da ciencia.


Nas aulas realizáronse diferentes experimentos, rexistrando os materiais necesarios, o procedemento ou pasos a seguir e as hipóteses do que cada un pensaba que ía acontecer e por que. Ao rematar, observamos o resultado final e tomamos nota da explicación científica do mesmo.


Cos experimentos realizados puidemos comprobar:

  • Ao atravesar con lápices unha bolsa con auga, non se derrama case nin gota, debido á presión e forza que fai a auga en cada lapis.
  • As nosas pegadas dactilares, que nos identifican e diferencian do resto dende o nacemento. Non hai unha igual a outra!
  • O consumo de osíxeno das candeas, que fai que se apaguen soas cando lle poñemos un recipiente pechado enriba. Parece maxia, máis non o é!
  • A diferente densidade dos líquidos, culpable de que a auga e o aceite non se mesturen nunca, ao ser este último moito máis denso.
  • Coa pementa que fuxe descubrimos que cando botamos pementa na auga, expándese pola superficie, debido á tensión superficial da auga. Máis cando tocamos a auga con un pouquiño xabón, a pementa escapa. Ésto débese a que o xabón rompe a tensión superficial da auga.
  • A refracción da luz na auga, que crea efectos ópticos sorprendentes, como puidemos observar.
  • Como elaborar iogur natural coa axuda das bacterias e os fermentos.
  • A capacidade de estimación que temos as persoas, algo que se pode e cómpre exercitar, xa que vai ser moi útil no noso día a día.
Premede no video para ver os diferentes experimentos 😉 


Animádevos a facer máis experimentos na casa!

Que a ciencia non pare!

Apertas de bolboreta!

luns, 28 de novembro de 2022

25N: DÍA INTENACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola!

Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, no mes de novembro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca, puxo a disposición do alumnado unha selección de libros nunha exposición no corredor do patio.

A continuación podedes ver as distintas actividades que realizaron as diferentes aulas arredor do 25N. 

O alumnado de 3 e 4 anos traballou a partir do conto "Arturo e Clementina", de Adela Turín.


O alumnado de 1º curso realizou a actividade titulada: "O vexas como o vexas, non mires para outro lado".





O alumnado de 2º curso tamén decidiu traballar a través do conto "Arturo e Clemetina".



O alumnado de 3º e 4º xuntouse para ler "O monstro",de Daniel Martín e Ramón Trigo, debater e reflectir as súas conclusións nun traballo que tiña como obxectivo vivenciar "O peso da violencia de xénero".


















O alumnado de 5º traballou a partir dunha adaptación do clásico Carapuchiña vermella titulado "Caperucita dice no", no que o alumnado debateu e tomou consciencia do perigo nas redes sociais.



Por último, o alumnado de 6º, realizou diferentes carteis para colocar polos corredores do cole.




Ademais, elaboraron un mural para visibilizar ás futbolistas con máis sona e organizaron un torneo de fútbol feminino que se desenvolveu durante todo o mes na hora do recreo.




E así é como vamos cronstruíndo espazos libres de violencia machista e sendo conscientes de que unha sociedade más xusta, libre e igualitaria depende de todas e todos nós.

Apertas de bolboreta 💜💜💜

mércores, 2 de novembro de 2022

MAGOSTO

 Ola!

Como manda a tradición, a principios de novembro celebramos O Magosto no cole.

Fixemos cornetes de papel e fomos recibir a Tin, un castañeiro ao que xa lle temos moito cariño. Sempre ven acompañado da súa cadela, que non pode ser máis agarimosa.


Ademais de encher os nosos cornetes de castañas asadas, contounos que foi buscalas ao Bierzo, un territorio leonés onde se fala galego! Por iso esta comarca tamén é coñecida coma a quinta provincia galega.





As castañas estaban boísimas e comimos ata fartar.

Ata a próxima!

Apertas de bolboreta!