mércores, 2 de novembro de 2022

MAGOSTO

 Ola!

Como manda a tradición, a principios de novembro celebramos O Magosto no cole.

Fixemos cornetes de papel e fomos recibir a Tin, un castañeiro ao que xa lle temos moito cariño. Sempre ven acompañado da súa cadela, que non pode ser máis agarimosa.


Ademais de encher os nosos cornetes de castañas asadas, contounos que foi buscalas ao Bierzo, un territorio leonés onde se fala galego! Por iso esta comarca tamén é coñecida coma a quinta provincia galega.





As castañas estaban boísimas e comimos ata fartar.

Ata a próxima!

Apertas de bolboreta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario