Queridas e queridos apaixoados da Ciencia,
Que ben o pasamos este mes e canto aprendemos!
Para enchouparnos ben de coñecemento e experimentar tanto no cole como na casa, puxemos á disposición do alumnado unha chea de libros sobre diferentes ramas da ciencia.
Nas aulas realizáronse diferentes experimentos, rexistrando os materiais necesarios, o procedemento ou pasos a seguir e as hipóteses do que cada un pensaba que ía acontecer e por que. Ao rematar, observamos o resultado final e tomamos nota da explicación científica do mesmo.
Cos experimentos realizados puidemos comprobar:
- Ao atravesar con lápices unha bolsa con auga, non se derrama case nin gota, debido á presión e forza que fai a auga en cada lapis.
- As nosas pegadas dactilares, que nos identifican e diferencian do resto dende o nacemento. Non hai unha igual a outra!
- O consumo de osíxeno das candeas, que fai que se apaguen soas cando lle poñemos un recipiente pechado enriba. Parece maxia, máis non o é!
- A diferente densidade dos líquidos, culpable de que a auga e o aceite non se mesturen nunca, ao ser este último moito máis denso.
- Coa pementa que fuxe descubrimos que cando botamos pementa na auga, expándese pola superficie, debido á tensión superficial da auga. Máis cando tocamos a auga con un pouquiño xabón, a pementa escapa. Ésto débese a que o xabón rompe a tensión superficial da auga.
- A refracción da luz na auga, que crea efectos ópticos sorprendentes, como puidemos observar.
- Como elaborar iogur natural coa axuda das bacterias e os fermentos.
- A capacidade de estimación que temos as persoas, algo que se pode e cómpre exercitar, xa que vai ser moi útil no noso día a día.
Animádevos a facer máis experimentos na casa!
Que a ciencia non pare!
Apertas de bolboreta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario