venres, 28 de outubro de 2022

CONTOS NA LAREIRA

Ola!

O día 28 comezamos coa celebración do Samaín no cole, nunha mañá divertida, diferente e algo terrorífica 👻👻👻

En canto chegamos xa notamos que algo estaba a piques de acontecer... Que mediño daba o corredor de entrada pola mañá! Oscuro, con fitas negras colgadas do teito, pantasmas, oubidos...

Ao longo da mañán, a cativada asistiu a unha xornada de contacontos no salón de actos: "Contos na lareira", a cargo dalgunhas mestras-bruxas do cole. Os diferentes ciclos gozaron da escoita de contos e lendas arrepiantes, onde non faltaron os risos e algún que outro susto.

A continuación, cada grupo acudiu á biblioteca para escoitar unha historia de medo en inglés, que lles contou a marabillosa profe Rosell, auxiliar de conversa do centro.

Podedes ver o vídeo recopilatorio dalgún dos momentos vividos durante a mañá.


Para rematar a xornada, o alumnado de 5º de Educación Primaria actuou para todo o cole representando o conto "Corre, corre, cabaciña" cun teatro musicalizado.

Pasámolo xenial!!!

Gracias chicas e chicos!!


Agardamos que gozarades da mañá!

Apertas de bolboreta!