xoves, 25 de xaneiro de 2024

BAILE DA PAZ

Din que a música é un instrumento para xerar espazos de paz. Axúdanos a relaxarnos, compartir momentos agradables con outras persoas, aprender, valorar diferentes culturas... e fainos sentir moi ben.

A proposta musical para estes días é "Baile da paz", de Mamá Cabra.

Dádelle ao play e escoitade, bailade, gozade! Fagamos entre todas e todos un mundo mellor, no que nunca falte a música.

Apertas de bolboreta! 🦋

SADAKO SASAKI E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

 O día 30 de Xaneiro é o Día escolar da non violencia e a Paz e este curso imos afondar na historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que tiña dous anos cando a bomba atómica de Hiroxima caeu moi preto da súa casa.

Se queredes coñecer a historia de Sadako e a lenda das mil grúas de papel, non deixedes de ver o seguinte panel interactivo.

Que vos parece se entre todas e todos facemos grúas de papel para amosar o noso rexeitamento a violencia de calquera tipo?

Queremos un mundo sen guerras, se agresións, espazos libres de violencia, un mundo onde os conflitos atopen solución a través do diálogo. Queremos vivir nun mundo de paz.

Apertas de bolboreta!🦋

martes, 2 de xaneiro de 2024

FESTIVAL DE NADAL E BADALADAS 2024

Despedimos o ano como manda a tradición: moito baile, moita alegría e moito galego! 👏👏👏 

Parabéns, rapazada!


Os nosos mellores desexos para este 2024.

Apertas de bolboreta 🦋