xoves, 29 de decembro de 2022

DESPEDIMOS O ANO

Ola!

O día 22 de decembro, último día de cole do ano, celebramos a nosa particular festa de Fin de ano. O alumnado de 6º de Educación Primaria, axudados pola súa titora Cristina, foi o encargado de presentar e dirixir as diversas actuacións programadas.

En primeiro lugar, algunhas alumnas de 5º de primaria, representaron o conto do "Apalpador e o arco da vella", de Xoa G.

A continuación, as alumnas e os alumnos de 6º de primaria amenizaron a xornada con diversas actuacións e deron as 12 badaladas. Con cada badalada, cada un de nós pediu os seus mellores desexos para este ano que entra.

Mirade que ben o pasamos todas e todos!


Agardamos que este 2023 sexa un ano marabilloso para todas e todos vós, no que non falte a saúde, abonden os bos momentos na mellor das compañías e se encha de novas metas por cumprir.

Feliz Aninovo!

Apertas de bolboreta! 💫💫💫

venres, 23 de decembro de 2022

DESEXOS PARA UN ANO QUE COMEZA

Ola!

Estamos a piques de comezar o 2023, un novo ano no que partillar soños e aprendizaxes coas persoas que máis queremos.

Dende o cole, novamente decidimos escribir unha postal para transmitirlle os nosos mellores desexos a unha compañeira ou compañeiro de ciclo, para posteriormente enviala por correo postal.

O máis emocionante é non saber quen che envía a postal ata o día no que a recibes. Por eso facemos un sorteo alto segredo! 


Rematadas as postais, viu recollelas a carteira de Correos. Que nervios!


Ademais, coa colaboración das familias, cada nena e neno escribiu nun CD de refugallo os seus desexos máis solidarios para o ano que entra. A única condición é que tiñan que desexar algo valioso, realmente importante e necesarios. E xa sabedes que o verdadeiramente valioso non se pode mercar con cartos, non si?

Tan pronto recibimos as aportacións de cada familia, penduramos os CDs nas pólas das árbores do patio.





Que desexos tan fermosos! Que importante todo o que escribistes! Que empatía amosastes con todas as persoas que nos arrodean! ❤❤❤







Orgullo de familias! Grazas pola vosa colaboración e por transmitirlle valores tan importantes ás vosas fillas e fillos.

Apertas de bolboreta.

martes, 20 de decembro de 2022

O APALPADOR E O ARCO DA VELLA

 Ola!

Hoxe tivemos unha actividade moi especial. Dúas nenas de 5º de primaria representaron para a cativada do cole o conto do "Apalpador e o arco da vella", de Xoan G., utilizando un teatro de monicreques.

Que atención puxeron todas e todos!



Moitísimas grazas, mozas! 👏👏👏

Despedímonos cunha canción sobre este lexendario personaxe da nosa tradión, da man do noso querido Paco Nogueiras.


Apertas de bolboreta!