venres, 23 de decembro de 2022

DESEXOS PARA UN ANO QUE COMEZA

Ola!

Estamos a piques de comezar o 2023, un novo ano no que partillar soños e aprendizaxes coas persoas que máis queremos.

Dende o cole, novamente decidimos escribir unha postal para transmitirlle os nosos mellores desexos a unha compañeira ou compañeiro de ciclo, para posteriormente enviala por correo postal.

O máis emocionante é non saber quen che envía a postal ata o día no que a recibes. Por eso facemos un sorteo alto segredo! 


Rematadas as postais, viu recollelas a carteira de Correos. Que nervios!


Ademais, coa colaboración das familias, cada nena e neno escribiu nun CD de refugallo os seus desexos máis solidarios para o ano que entra. A única condición é que tiñan que desexar algo valioso, realmente importante e necesarios. E xa sabedes que o verdadeiramente valioso non se pode mercar con cartos, non si?

Tan pronto recibimos as aportacións de cada familia, penduramos os CDs nas pólas das árbores do patio.





Que desexos tan fermosos! Que importante todo o que escribistes! Que empatía amosastes con todas as persoas que nos arrodean! ❤❤❤







Orgullo de familias! Grazas pola vosa colaboración e por transmitirlle valores tan importantes ás vosas fillas e fillos.

Apertas de bolboreta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario