martes, 20 de xuño de 2023

REVISTA ESCOLAR: A VOZ DE CONMENIÑO


Ola amiguiñas e amiguiños!

Xa podedes ler A VOZ DE CONMENIÑO, a nosa revista escolar e rememorar todas as experiencias tan fermosas vividas ao longo deste inesquecible curso escolar.



Rematamos este ano cheo de momentos máxicos. Grazas por compartir e vivir esta viaxe con nós. Esperamos que o curso que ven veña cargado de ilusión e novas aventuras por descrubrir.


Apertas de bolboreta de todas as mestras e mestres que tan orgullosos están de vós.


Gozade no  verán para vir con forzas!!


💙💙💙💙💙💙💙

sábado, 17 de xuño de 2023

PARAÍSO CULINARIO


Ola xentiña...

Hoxe viñemos un pouco famentos e famentas...

O venres 16 de xuño abriunos as portas o prestixioso restaurante “Culler de Pau”. As súas propostas buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, a través de produtos especialmente ecolóxicos e producidos por eles mesmos.

O entorno e a natureza é o camiño gastronómico que os identifica como un lugar único para que o prato sexa especial.








E ata tivemos a oportunidade de plantar...





Queremos agradecer a atención que recibimos. Foi un verdadeiro privilexio ver dende tan cerca o funcionamento do horta, antes de que os alimentos chegen á mesa.

O coidado e o entorno é fundamental.

Grazas, pasámolo xenial!

Apertas de Bolboretas....!💛


venres, 16 de xuño de 2023

NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA


Ola amiguiños e amiguiñas...

O pasado mércores 14 de xuño fixemos unha viaxe en barco pola ría, onde puidemos descubrir un dos grandes tesouros que temos, que en boa parte define a nosa vila de O Grove, que é  gastronomía.

Dende o porto embarcamos e fixemos varias paradas para ver as bateas de cerca e onde nos explicaban o seu funcionamento co mexillón e a importancia que ten para esta aldea mariñeira. Ademais puidemos observar a través dos cristais a visión submarina, o fondo do mar e os peixes que habitan debaixo dos criadeiros.

Tampouco faltou a música e baile para o desfrute dos rapaces; cantaron, saltaron e ata comeron mexillóns para o deleite do seu padal. Estaban boísimos!
















Dende o cole agradecemos ao "Barco de Pepiño", no que gozamos dunha travesía fantástica, cun ambiente moi divertido e unha atención marabillosa. 

Nesta ligazón poderedes reservar e vivir unha experiencia tan boa como a que tivemos nós.



Do mesmo xeito gustaríanos dar as grazas a familia de Borja e Vera de 3º E.P, pola iniciativa e predisposición de querer compartir con todos nós esta aventura e polo bo trato que recibimos no barco.

Apertas de bolboretas!💚

mércores, 14 de xuño de 2023

IMAXES PREMIADAS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 Ola!

Despois de darlle moitas voltas, xa temos gañadores do Consurso de Fotografía! Non foi unha tarefa doada para o noso xurado, que comentou que fora complicado decidirse por dúas fotografías.

O que si temos máis que claro é que O Grove é terra de artistas. Aproveitade o privilexio de vivir neste entorno para seguir tirando fotografías a todo o que vexades! Quen sabe? Se cadra algunha ou algún de vós fai deste arte un oficio...

Imos coas imaxes premiados! (redobre de tambores)

O primeiro premio é para Greta, de 3º de EP.

Mirada fiel



E o segundo premio é para Gabriel, de 6º de EP.

Un paseo polo Río da Chanca


Parabéns, artistas!!!👏👏👏

E por suposto parabéns a todas e todos por animarvos a ollar o mundo tras o obxectivo dunha cámara e amosarnos lugares, plantas, amigos e curiosos bichiños que forman parte do voso (do noso) mundo natural 💚💚💚

O noso especial agradecemento ás familias, pola súa colaboración 💕

Apertas de bolboreta!

xoves, 8 de xuño de 2023

IMAXES A CONCURSO (V)

Ola!

E aquí temos as derradeiras fotografías participantes.

Qué emoción!!!

Courtois (o mellor porteiro do mundo)

AUTORA: Norah (5º EP)
LOCALIZACIÓN: Bouza vella. Alto do Sineiro




Os meus agapornis
AUTORA: Daniela (5º EP)
LOCALIZACIÓN: O Grove




O meu gato verde
AUTORA: Camil (5º EP)
LOCALIZACIÓN: O Grove



Moras dunhas árbores da Toxa

Izan (3º EP)
LOCALIZACIÓN: A Toxa




Borja (3º EP)
LOCALIZACIÓN: O Grove


Moitísimas gracias a todas e todos por participar! 💚💚💚

Nuns días publicaremos os gañadores deste concurso que tantas imaxes fermosas nos deixou deste paraíso meco e os seus habitantes 😍

Apertas de bolboreta!

ENSALADA DO NOSO HORTO

Ola!

O alumnado de 1º curso preparou para a merenda unha ensalada riquísima con productos do noso horto e algún que outro complemento.

Agora terán que escribir a receita para deixárnola ao resto de cursos!










Parabéns polo traballo en equipo, chefs!

Apertas de bolboreta!

mércores, 7 de xuño de 2023

POLO CORREO DO VENTO

Ola!

Hoxe recibimos a visita de Polo correo do vento e para nós é todo un acontecemento. Que historias tan xeitosas e divertidas traen sempre!

Desta volta o espectáculo titulábase "Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego".

Foi unha actividade moi enriquecedora (ata aprendemos Linguaxe de signos!) na que o alumnado puido debuxar caricaturas e coñecer un pouquiño máis sobre a vida do ilustrísimo Don Paco, homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas.




Ata o vindeiro ano, rapaces!

Apertas de bolboreta.


martes, 6 de xuño de 2023

IMAXES A CONCURSO (IV)

Ola!

Non paran de chegar novas fotografías de este fermoso entorno como é O Grove, que marabilla!


A praia dos recordos

AUTORA: Lucía (5º EP)
LOCALIZACIÓN: Meloxo, O Grove

"Gústame moito A Lavaxeira xa que levo indo dende pequena".




O gato das silvas
AUTORA: Sara Tirado (5º EP)
LOCALIZACIÓN: Campos



O xardín máis grande que coñezo: o meu.

AUTOR: Carlos (5º EP)
LOCALIZACIÓN: O Grove 


Desconexión ecolóxica
Lara (5° EP)
LOCALIZACIÓN: O Grove



Un paseo polo río da Chanca
AUTOR: Gabriel (6ºEP) 




Moitas grazas pola vosa participación! 💚💚💚

Valorar e capturar a natureza é unnha verdadeira beleza.

Apertas de bolboreta!


RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

 



luns, 5 de xuño de 2023

IMAXES A CONCURSO (III)

Ola!

Novas fotografías recibidas destes pequenos grandes artistas!

Ollade que marabilla!

Mirada fiel


AUTORA: Greta (3º EP)

LOCALIZACIÓN: O Grove.



O rexurdir dunha nova vida

AUTOR: Xabi (3º EP)

LOCALIZACIÓN: O Grove.



Max


AUTORA: Valeria (6º EI)

LOCALIZACIÓN: O Grove.

"Este é o meu can chamado Max. O quero moito."



Fervenzas

AUTOR: Rodrigo (3º EP)

LOCALIZACIÓN: Fervenzas de Parafita e Raxoi



Eiruga nos tirabeques da avoa

AUTORA: Sofía (6º EI)

LOCALIZACIÓN: O Grove


Moitísimas grazas polas vosas aportacións!

Estamos encantadas de recibir tantas imaxes do marabilloso mundo que nos arrodea 💚💚💚

Apertas de bolboreta!

domingo, 4 de xuño de 2023

IMAXES A CONCURSO (II)

Ola!

Parece que esto se anima 😉

Mirade que fotos máis chulas recibimos!

Flores de kiwi
Autora: Catalina (6º EI)
Ubicación: Horta, Lugar de Campos, O Grove.



Título: Na natureza da fraga
(In the nature of the forest)
Autor: Antonio (4º EP)
Localización: Fraga, lugar de Campos, O Grove. 



TITULO: Un ourizo curioso no bambú
AUTOR: Yago Silva Laguna 6ªEP
LOCALIZACIÓN: Pola miña horta.



(Sen título)
Autor: Lucas (2º EP)
Localización: Xardín da miña casa.
"Ola, 
Encántame este concurso. Gracias pola organización do mesmo. 

O meu xardín é o meu lugar favorito da casa. Nel paséanse todos os días os nosos gatos, Manchi e Nube, e os gatos do barrio. Viven tamén moitos animalinos, formigas, escarabellos, xoaninhas, e moitos outros.

Tamén visitannos moitas aves. O meu tío Damián, pintou no muro do xardín unhas cantas. As vedes?

Unha aperta!"


Grazas a todos e a todas volas vosas aportacións! 💚💚💚

Lembrade que hoxe é o derradeiro día para enviar as fosa fotos.

Apertas de bolboreta!