venres, 22 de decembro de 2023

AMIG@ INVISIBLE

Ola!

Este ano, todo o alumnado do centro participou nun intercambio moi especial. Cada un deles fabricou con moito cariño un pequeno agasallo para calquera persoa que escollera froito do azar.

Aquí vos deixamos o vídeo dun momento que todas e todos vivimos con moita ilusión: a recollida de agasallos 💛


Apertas de bolboreta 🦋

mércores, 13 de decembro de 2023

COÑECEDES AO APALPADOR?

Ola!

Sabedes quen é o Apalpador?

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega orixinario das montañas do Courel e dos Ancares. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.


Durante o ano é carboeiro, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai aparecer os xoguetes que as madeiras esconden.


Conta a lenda que en Noiteboa e Noitevella o Apalpador abandona as montañas para baixar ata as aldeas e deixar unha presada de castañas á cativada. As máis das veces tamén deixa algún agasallo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida para encher os bandullos.


Como imaxinades que é o Apalpador?


Vos animades a facer un debuxo del?


Agardamos as vosas creacións!


Apertas de Bolboreta!🦋

luns, 11 de decembro de 2023

KARAOKE DE NADAL

Ola rapazada!

Apetécevos un karaoke? Aquí vos deixamos a canción de O Apalpador da Gramola Gominola 😎


Agardamos que vos gustara esta canción tan molona e pegadiza.

Apertas de bolboreta! 🦋