PREME AQUÍ para escoitar a Regueifa Colectiva da que formamos parte este curso!!!
Bolboretas no padal
Dinamización da Lingua Galega do CEIP plurilingüe de Conmeniño
Ligazóns CEIP Plurilingüe de Conmeniño
xoves, 18 de xuño de 2026
luns, 15 de xuño de 2026
CONTO CASA, CASIÑA!
Convidámosvos a ver este vídeo, no que Lucía, Vera e Adael, nos contan o conto de Casa casiña... Quen a habitará? Preme aquí para descubrilo!
A MASCOTA DO SALNÉS XA TEN NOME: SALNESIÑA!!!
A mascota do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Salnés, xa ten nome. Chámase Salnesiña. Este nome foi elixido pola creadora da mascota, de entre os 24 centros participantes. O nome, foi porposto polo CEIP Conmeniño, concretamente, polo alumnado de 4º EP. Parabéns!!! Agardamos que Salnesiña nos traia moitas sorpresas para dinamizar a nosoa lingua o vindeiro curso!
venres, 22 de maio de 2026
MASCOTA DO EDLG DO SALNÉS!
Na comarca do Salnés temos un novo proxecto para dinamizar a lingua galega. Preme AQUÍ se queres ver de que se trata...
CORRELINGUA 2026!!!
Na xornada de onte, os cursos de 4º, 5º e 6º de EP, participaron na XXVI edición do Correlingua, unha andaina pola defensa da lingua galega. Aquí vos deixamos unha pequena síntese de como transcurriu a xornada!
mércores, 20 de maio de 2026
DÍAS DAS LETRAS GELEGAS!!!
Este ano, visitounos o CEIP As Bizocas para conmemorar o día das Letras Galegas. Recibímolos con xogos, tivemos unha actuación do grupo Cinco en Zocas, cantamos todos xuntos a "Somos os Mecos do Grove"... Por moitas convivencias máis!!!
martes, 12 de maio de 2026
xoves, 23 de abril de 2026
VISITA DE BRUNO PADÍN PORTELA!!!
Tivemos unha visita moi especial! O historiador Bruno Padín, contounos moitas cousas da historia do Grove partindo de imaxes onde afondamos nas nosas raíces e en como vivían as xentes do pobo na antigüedade. Deixounos unha dedicatoria no noso libro de visitas. Convidámosvos a visitar a biblioteca e ler o que nos escribiu!
venres, 27 de marzo de 2026
DÍA DA POESÍA!
Este ano, o día da poesía, celberámolo no centro cunha sesión de micro aberto, no que o alumnado se achegou a nos recitar os seus poemas favoritos.
CÓNTOCHE UN TRAXE!
Hoxe descubrimos da man de Montse, como se vestían os nosos devanceiros. Que materias primas utilizaban, os tipos de teas que usaban; que prendas vestían e o nome que tiñan, como se poñían... as diferenzas entre a roupa de home e de muller, os motivos desas diferenzas... Cancións relacionadas coa roupa... Foi toda unha experiencia! Moitas grazas, Montse por achegarnos un anaquiño da nosa cultura!










































.jpeg)







