martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN 2023

Queredes saber o ben que o pasamos no día de hoxe?

Tivemos unha entrada arrepiante, Contos na Lareira, merendas terroríficas, baile, anuncio d@s gañador@s dos concursos de bruxas, monstros, microrrelatos...e moito máis!

Grazas unha vez máis pola vosa participación e colaboración, familias! Pasamos unha mañá arrepiante e terrorificamente divertida!

 

Apertas de bolboreta!🦋

luns, 30 de outubro de 2023

NON DIGAS GHALOGÜIN! DÍGOCHO EU!

Ola!

Esther Estévez, a nosa reporteira favorita, fálanos de cinco palabras que teñen que ver con estas datas. Moito ollo!


Ademáis, na TVG cóntannos a orixe e as lendas desta tradición celta. Escoitade con atención:


E vós, que ides facer nestas datas? Cal é a tradición no Grove?
Agardamos as vosas respostas en comentarios!

Apertas de bolboreta defunta! 🦋

UNHA CHEA DE LIBROS

Queridas familias e nen@s, non esquezades que podedes levar os exemplares de Samaín para a vosa casa a través do préstamo na Biblioteca.



SAMAÍN: XOGAMOS?

Ola!

Entre conto e conto, haberá tempo de coñecer as nosas orixes e aprender xogando, non si?

EDUCACIÓN INFANTIL


EDUCACIÓN PRIMARIA


Gozade oito da xornada!

Apertas de bolboreta zombi! 🦋

MÚSICA PARA ANIMAR AOS MORTOS!

 Ola pequenos monstros!

A quen lle apetece mover un pouco o esqueleto?

Deixámosvos unha seleción de cancións vencelladas ao Samaín, e xa que estamos, imos quecendo motores para o Magosto, parécevos?

A gozar!


Apertas de polilla zombi!

venres, 27 de outubro de 2023

VALENTINA

Ola!

O pasado mércores o alumnado de Educación Primaria acudiu ao Auditorio do Grove para ver "Valentina", unha película moi fermosa que nos ensinou o importante que é loitar polo que queremos ser na vida e contar co apoio das persoas que nos arrodean, onde queira que estean.



Valentina está cansa de ter a Síndrome de Down, convencida de que este é o motivo que lle impide acadar o seu soño: ser trapecista! Máis despois dunha máxica viaxe, descubrirá todo aquelo que é quen de facer.


Se queredes ver o trailer da película, dádelle ao play!

Sabiades que...

- Valentina gañou o Premio Goya 2022 á mellor película de animación? Estes premios entréganselle ás mellores películas de España!

Lucía Serén e Pepa Lockhart son as dúas mozas con Síndrome de Down que lle dan voz a Valentina?

- A directora desta película é Chelo Loureiro?

- A animación da película é obra do ilustrador David Pintor?

Bravo por Valentina e a súa equipa!

"Se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible!" O segredo é loitar polo que queremos, confiar nas nosas capacidades,sen perder a ilusión e as ganas de aprender. Naturalmente!!!

Hoxe, máis que nunca, apertas de bolboreta! 🦋

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Ola!

O pasado martes 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, así que aproveitamos para presentar oficialmente o noso Proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta".

Como podedes ver no vídeo, fixemos a inauguración das Olimpíadas pasando a antorcha polas distintas aulas ata chegar á entrada. Alí cantamos todos xuntos o himno, creado polas alumnas e alumnos, coa axuda de Belén, a mestra de música.

Foi tan emocionante!!!

E xa que estabamos, aproveitamos para presentar a nova mascota de Biblioteca, un ratiño ben feitiño que deseñou Vicky, de 6º curso. Parabéns!


Agora tócalle a Nico, de 5º curso, terá que deseñar a mascota olímpica partindo desta mesma, xa que foi o segundo finalista no concurso. Estamos desexando ver os resultados!

Noraboa a todo o alumnado participante. Queda claro que temos o cole cheo de artistas!

Apertas e reviravoltas de bolboreta 🦋

venres, 20 de outubro de 2023

CONCURSOS PARA O SAMAÍN

 Ola!

Achégase o Samaín e con el as pantasmas, os monstros, as bruxas e as curuxas... e os contos de medo!!!

Animádesvos a participar nun concurso?

Lede con atención e mans á obra!


EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



2º-6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Agardamos os vosos debuxos e microrrelatos con moita ilusión!

Apertas de bolboreta 👻👻👻

xoves, 19 de outubro de 2023

HIMNO OLÍMPICO: UN EQUIPO ÉPICO

Ola deportistas!

O alumnado do cole, coa axuda da profe Belén, crearon nestes días O NOSO PROPIO HIMNO OLÍMPICO!!! E non pode sonar mellor!

E para que todas e todos poidamos aprendelo, o alumnado de 6º curso preparou esta versión karaoke.

A que esperades? Dádelle ao "play"!

Parabéns a todo o equipo polo fantástico traballo! 👏👏👏

Apertas de bolboreta olímpica! 🦋

luns, 16 de outubro de 2023

DEPORTES HISTÓRICOS

Ola!

Xa que andamos enleadas en temática deportiva, sabedes que deportes se practicaban na Galiza fai moitísimos anos?


Gustaríavos xogar unha partida de Birlos Celtas no patio?
Tomade nota das normas do xogo non vaia a ser que teñamos que xogar algunha partida... 

E non esquezades adestrar a lingua! Como? Falando moito galego!

Apertas de bolboreta!🦋

venres, 6 de outubro de 2023

CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META

 Ola!

Comezamos este ano olímpico coa estrea da primeira edición do Telexornal de Conmeniño, onde o alumnado das diferentes aulas fala dos deportes nos que decidiron centrarse e as actividades que lles gustaría levar a cabo ao longo do curso.

E que ben o fixeron! 👏👏👏👏

Agardamos que vos guste 😊

Apertas de bolboreta contorsionista 😉

mércores, 4 de outubro de 2023

LIBROS A EITO

Aviso a navegantes!

Xa tedes á vosa disposición unha morea de libros relacionados co noso Proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta". 

Podedes gozar con eles no cole ou levalos emprestados a casa.

A que agardades para escoller un? Bulide!


Apertas e piruetas de bolboreta! 🦋