Ola!
Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, no mes de novembro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca, puxo a disposición do alumnado unha selección de libros nunha exposición no corredor do patio.
A continuación podedes ver as distintas actividades que realizaron as diferentes aulas arredor do 25N.
O alumnado de 3 e 4 anos traballou a partir do conto "Arturo e Clementina", de Adela Turín.
O alumnado de 1º curso realizou a actividade titulada: "O vexas como o vexas, non mires para outro lado".
O alumnado de 2º curso tamén decidiu traballar a través do conto "Arturo e Clemetina".
O alumnado de 3º e 4º xuntouse para ler "O monstro",de Daniel Martín e Ramón Trigo, debater e reflectir as súas conclusións nun traballo que tiña como obxectivo vivenciar "O peso da violencia de xénero".
O alumnado de 5º traballou a partir dunha adaptación do clásico Carapuchiña vermella titulado "Caperucita dice no", no que o alumnado debateu e tomou consciencia do perigo nas redes sociais.
Por último, o alumnado de 6º, realizou diferentes carteis para colocar polos corredores do cole.
Ademais, elaboraron un mural para visibilizar ás futbolistas con máis sona e organizaron un torneo de fútbol feminino que se desenvolveu durante todo o mes na hora do recreo.
E así é como vamos cronstruíndo espazos libres de violencia machista e sendo conscientes de que unha sociedade más xusta, libre e igualitaria depende de todas e todos nós.
Apertas de bolboreta 💜💜💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario