Achégase a celebración do Magosto e disque unha festa sen música non é festa nin é nada, non si?
Pois a mover o corpo, que con este frío boa falta nos fai!
E agora que xa fixemos o quecemento, podedes elexir entre unha chea de actividades elaboradas polas equipas de Dinamización da Lingua Galega de diferentes centros educativos da Coruña. Adiantámosvos que son ben interesantes e divertidas. Botádelle unha ollada!
Aviso a navegantes! Se queredes descargar o Pdf, premede na ligazón: Actividades MAGOSTO
Estade atentos estes días, porque haberá algunha que outra cousiña interesante por aquí.
Apertas de bolboreta! 🦋
Ningún comentario:
Publicar un comentario