mércores, 29 de novembro de 2023

25N: HAI VIOLENCIA NO DEPORTE?

A conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, abordouse dende as áreas de Plástica e Lingua Galega.

Estudamos o cadro de Delacroix "A liberdade guiando ao pobo", de onde procede a mascota dos Xogos Olímpicos de París 2024.


Analizamos e debatemos sobre a existencia de estereotipos sexistas, desigualdade e distintos tipos de violencia que observábamos hoxe en día no eido do deporte.

A partir dos resultados obtidos fixemos un mural colaborativo onde cada aula reflectiu todas as desigualdades que aínda seguen a existir.

Este foi o resultado:



Ademais, tivemos unha exposición de libros relacionados coa temática no corredor de entrada.


Cambiemos a xogada!
Loitemos por espacios libres de violencias machistas 💜

Apertas de bolboreta feminista 🦋



sábado, 25 de novembro de 2023

XOGOS POPULARES

Semana de xogos populares e tradicionais prestados polo concello do Grove. Detrás desta gran colección está Cándido Mascato, autor da boa parte dos 130 xogos que forman a extensa e completa colección do concello meco.

Mestras e mestres, nenase nenos, persoal do centro... todos aproveitamos e gozamos dos xogos volvendo ás nosas raíces e sen esquecer que todas e todos temos dereito a XOGAR!






O alumnado de 6º curso botoulles unha man ás nenas e nenos de 4º e 5º de Educación Infantil, ou a todo aquel que o precisou.

Dende logo foron unhas xornadas moi divertidas e colaborativas, nas que aprendemos moito e unha vez máis tivemos a oportunidade de valorar o valioso 💙





Apertas de bolboreta! 🦋

FESTA DO MAGOSTO

Coma todos os anos, no mes de novembro celebramos o Magosto.

Unha vez máis, o noso querido Tin veu coa súa locomotora a asar unhas deliciosas castañas e a contarnos unha chea de cousas sobre o seu oficio e experiencia.



Despois de comer ata fartar e xogar un pouco, xuntámonos todos no patio para bailar e cantar "Tres castañas polo chan".

   

Ademais, durante esa semana tivemos a sorte de ter no noso centro unha morea de xogos populares, elaborados polo artesán Cándido Mascato.

Máis para poder ver toda esta experiencia lúdica teredes que agardar á seguinte publicación 😉

Feliz Magosto!

Apertas de bolboreta larpeira! 🦋

venres, 24 de novembro de 2023

CLUB DE CIENCIA: A VOLTAS CO FLUÍDO NON NEWTONIANO

 Na sesión anterior do Club de Ciencias non fomos quen de conseguir crear o Fluído non newtoniano. Despois de revisar os todo o proceso que seguíramos para realizar o experimento, e de exprimir os miolos para atopar solucións, finalmente, a cativa deu co problema: a fariña de millo!

Precisábamos unha fariña máis fina para acadar a consistencia e densidade axeitada.

Sabedes o que pasou?


Ademais de aprender dos erros e atopar solucións, o pasamos estupendamente!

Para rematar, visualizamos un vídeo coa explicación científica deste fenómeno tan curioso.

domingo, 19 de novembro de 2023

SAÍDA Á CORUÑA POLA SEMANA DA CIENCIA

O pasado 17 de novembro todo o alumnado do cole foi de excursión á Coruña, aproveitando que as entradas a todos os museos era de balde! Así, tivemos a oportunidade de visitar a Casa das Ciencias e o planetario, a Domus e o Acuario Finisterrae.

Foi un día moi divertido no que partillamos moitas experiencias científicas xunt@s! 












venres, 17 de novembro de 2023

CLUB DE CIENCIA: COMEZAMOS!

Este xoves por fin inauguramos o noso Club de Ciencia!

Ledicia, emoción, expectación... e sobre todo moitas ganas de aprender e experimentar!

Como ben sabedes, unha boa científica, ou un bo científico, ten que ter un bo método, polo que demos comezo a esta andaina revisando as partes do... 

Método Científico!!!


Visionamos este capítulo de Ciencia animada, anotanto cada un dos pasos do método, xa que a continuación tiñamos que poñelo en práctica.


 E chegou o momento de pasar á acción, rexistrando cada un dos pasos, observacións, hipóteses... do noso primeiro experimento:

O FLUIDO NON NEWTONIANO









Rematamos a sesión analizando os resultados obtidos, que cada equipo presentou ao resto do Club.
Aínda que os resultados non foron os agardados, esto brindounos a oportunidade para reflexionar sobre o ocurrido, facernos preguntas e introducir as modificacións que consideramos oportunas (neste caso observaron que a fariña de millo era moi grosa e era preciso cambiala no seguinte intento).








martes, 7 de novembro de 2023

BAILAMOS?

Deixamos por aquí o musicograma da canción que imos bailar o xoves para que a practiquedes nas aulas:

Tamén podedes ver o baile completo que grabou o alumnado de 4º de EP, para que vos fagades unha idea de como vai ser a coreografía.

Despois de degustar as castañas e gozar do tempo de lecer no patio, en canto sone o timbre xuntarémonos todos no campo de herba (agás que o tempo non o permita e teñamos que ir ao pabillón).

Unha vez reunidos, faremos tres equipas para bailar:

  • 4º de EI + 3º e 6º de EP
  • 5º de EI + 2º e 5º de EP
  • 6º de EI + 1º e 4º de EP
De seguro ha ser ben divertido e aos máis pequenos vailles facer moita ilusión bailar cos maiores do cole.

Apertas de bolboreta bailonga! 🦋

luns, 6 de novembro de 2023

QUE SABES DO MAGOSTO?

Seguro que xa sabedes unha chea de cousas do Magosto, máis premede no vídeo a ver se desta volta descubrides cousas novas!

E agora, que vos parece xogar un pouco? Seredes quen de completar todas as misións!

De seguro que siii!

Agardamos que resolvérades todas as probas e gozárades moito.

Apertas de bolboreta! 🦋

É TEMPO DE MAGOSTO

Achégase a celebración do Magosto e disque unha festa sen música non é festa nin é nada, non si?

Pois a mover o corpo, que con este frío boa falta nos fai!

E agora que xa fixemos o quecemento, podedes elexir entre unha chea de actividades elaboradas polas equipas de Dinamización da Lingua Galega de diferentes centros educativos da Coruña. Adiantámosvos que son ben interesantes e divertidas. Botádelle unha ollada!


Aviso a navegantes! Se queredes descargar o Pdf, premede na ligazón: Actividades MAGOSTO

Estade atentos estes días, porque haberá algunha que outra cousiña interesante por aquí.

Apertas de bolboreta! 🦋

xoves, 2 de novembro de 2023

FESTEXAMOS O SAMAÍN

Queredes saber como foi a festa do Samain no noso cole? Botamos a casa por fóra!

Unha entrada arrepiante, Contos na lareira, merendas terroríficas, entrega de premios dos concursos de debuxos e de microrrelatos... E monstros, unha chea de monstros que invadiron aulas, corredores, patio... 

Se queredes ver un resumo da xornada, premede no vídeo tan chulo que fixeron as compas de TIC 👏👏👏

Grazas unha vez máis pola vosa participación e colaboración, familias! Pasamos unha mañá moi divertida e gorentosa! Parabéns polas vosas merendas terroríficas!

Apertas de polilla defunta! 🦋