venres, 22 de decembro de 2023

AMIG@ INVISIBLE

Este ano todo o alumnado do centro participou nun intercambio moi especial. Cada un deles fabricou con moito cariño un pequeno agasallo para calquera persoa que escollera froito do azar.

Aquí vos deixamos o vídeo dun momento que todas e todos vivimos con moita ilusión: a recollida de agasallos 💛


Apertas de bolboreta 🦋

DEBUXOS DO APALPADOR

Cantos debuxos do Apalpador nos chegaron!

Mirade que artistas!

venres, 15 de decembro de 2023

CLUB DE CIENCIA: CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Este xoves tivemos a sorte de contar coa axuda de Sara Collazo, colaboradora de David Ballesteros (Ceo Aberto).

Aprendimos a realizar circuitos eléctricos utilizando materiales moi sinxelos:

- plastelina conductora (recoñécese por ser máis blanda)

- plastelina illante (máis dura que a anterior)

- luces led

- baterías cableadas (como fonte de alimentación)

Comezamos facendo un circuito básico aberto, conectando os leds coas baterias a través da plastelina condutora.

A continuación, argallamos a formar de crear un cortocircuito así como a forma de evitalo: utilizando a plastelina illante, que fai unha barreira de protección que impide o paso da electricidade, protexendo ao montaxe de cortocircuitos eléctricos.

Ademais, experimentamos introducindo nos circuitos diferentes elementos: interruptores, hélices, son...

Por último, e aproveitando o ambiente de nadal, elaboramos un circuito eléctrico paralelo con fita de cobre, unha pila e un led, utilizando unha base de papel! Unha maneira divertida de entender como funcionan as postais de Nadal interactivas.

Pasámolo xenial e aprendimos un mundo de cousas!

Moitísimas grazas, Sara! 😍

* A continuación podedes ver un vídeo resumo da sesión:

mércores, 13 de decembro de 2023

COÑECEDES AO APALPADOR?

Sabedes quen é o Apalpador?

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega orixinario das montañas do Courel e dos Ancares. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.


Durante o ano é carboeiro, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai aparecer os xoguetes que as madeiras esconden.


Conta a lenda que en Noiteboa e Noitevella o Apalpador abandona as montañas para baixar ata as aldeas e deixar unha presada de castañas á cativada. As máis das veces tamén deixa algún agasallo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida para encher os bandullos.


Como imaxinades que é o Apalpador?


Vos animades a facer un debuxo del?


Agardamos as vosas creacións!


Apertas de Bolboreta!🦋

luns, 11 de decembro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar o 3 de decembro o alumnado de 2º de Educación primaria preparou un pequeno obradoiro sobre a escritura Braille que tivo lugar na Biblioteca ao longo de toda a semana. 

"Na aula, preparamos un abecedario xigante para plasmalo no corredor da Biblioteca, para que o resto dos cursos o puidesen ver. Tamén practicamos a escritura antes de comezar co obradoiro, así como as actividades que iamos presentar. Quedamos con moi boa sensación ao remate!".

"Por outra banda, a nivel aula, creamos unha pequena lista de palabras na Linguaxe das persoas xordas. As palabras gardan relación co proxecto do centro "Conmeniño Olímpico". Podedes ver os vídeos e practicar!"



KARAOKE DE NADAL

Apetécevos un karaoke? Aquí vos deixamos a canción de O Apalpador da Gramola Gominola 😎


Agardamos que vos gustara esta canción tan molona e pegadiza.

Apertas de bolboreta! 🦋

sábado, 9 de decembro de 2023

PORQUE NON SOMOS OBSTÁCULOS

Vídeo sobre o 3 de decembro protagonizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria na materia de Educación Física.

Canta verdade hai nas vosas palabras! 💙💚🧡💛💜🩵🩷

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante todo o mes de Novembro, tivemos na entrada unha exposición de libros vencellados ao ámbito científico: para consulta, empréstito...



Ademais, a cativada do cole compartiu con nós os experimentos que realizaron na aula. Podedes botarlles unha ollada no blog de biblioteca. Premede na seguinte imaxe 😉


Ademáis, os maiores do cole aprenderon a facer unha pirámide holográfica coa mestra Sandra.