luns, 29 de abril de 2024

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Ola!

Xa tedes as bases para participar no II Concurso de Fotografía Olladas: Mirei ao ceo e vin.

Animádevos a participar!



Agardamos con moita ilusión as vosas creacións 💙

Apertas de bolboreta 🦋

sábado, 27 de abril de 2024

CREANDO CONTOS EN 4º DE EP

 O alumnado de 4º de EP está creando os seus propios contos, poñendo en práctica todo o aprendido durante o curso, sen esquecer ningún elemento fundamental que todo libro ha de ter: a estrutura, as ilustracións, a autoría, editorial, a portada...

Pero antes de nada, fixeron o máis importante: un borrador co mapa do conto, onde tomar decisións sobre as personaxes (principais, secundarias, antagonistas), a presentación da historia, o conflicto e a resolución do mesmo, ata chegar á situación de calma final onde todo se arranxa.

O resultado: unhas historias moi creativas e divertidas!





xoves, 25 de abril de 2024

23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO


O 23 de Abril tivemos unha cita moi especial, coa que gozaron pequenos e maiores: Amadriñamentos e padriñamentos lectores, un clásico que nunca decepciona.

A cativada tivo a sorte de escoitar unha morea de contos en galego narrados polos mellores contadores do noso cole, quenes amosaron grandes dotes para a narrar historias e manter a atención do público máis miúdo.

Parabéns, rapazada! 😍😍😍

Nos perdades os mellores momentos da actividade 👇


Apertas de bolboreta! 🦋

venres, 19 de abril de 2024

CLUB DE CIENCIA: SLIME, BOMBAS DE BAÑO E POLÍMEROS

 Na sesión do xoves volveu a acompañarnos Sara Collazo, de Ceoaberto. Tal como esperabamos, foron dúas horas moi divertidas nas que aprendimos un mundo de cousas.


Primeiro fixemos bombas de baño perfumadas, seguindo un texto instructivo para a súa elaboración.
Ao rematar, aplicamos as fórmulas máxicas de Sara para crear dous slime diferentes, con distintos ingredientes.
Para rematar, creamos uns pequenos chaveiros con polímeros termomoldeables, aos que lle pegamos unha NFC cunha ligazón a un videoclip musical.
Podedes ver un resumo da sesión no seguinte vídeo.


Moitísimas grazas, Sara!👏👏👏

xoves, 18 de abril de 2024

ENCONTROS CON ALFREDO BEA

O pasado 6 de abril foi o Día Internacional do Deporte para o desenvolvemento e a paz. Nesta data tan sinalada tivemos a sorte de ter con nós a Alfredo Bea, un referente do deporte, especialmente na nosa contorna.

O piragüista meco, que competiu tanto na modalidade de augas tranquilas como en maratón, gañou oito medallas entre os Campionatos do Mundo e de Europa (6 pratas e dous bronces), ademais de disputar catro edicións dos Xogos Olímpicos! 



No seguinte código QR podedes ver a noticia na prensa.



venres, 12 de abril de 2024

CLUB DE CIENCIA: XOGUETES ÓPTICOS

Aproveitando que tivemos unha optometrista no cole coa que aprendimos unha morea de cousas, nesta sesión do Club de Ciencias decidimos recrear un artiluxio que demostra algunhas eivas da nosa visión: o traumatropo!

O traumatropo é un xoguete óptico creado por John Ayrton París a principios do século XIX, que tentou demostrar que as imaxes que precibimos permanecen na nosa retina unha décima de segundo antes de desaparecer por completo, o que fai que se funda coa seguinte imaxe, creando unha sensación de movemento.

Para facer o tramatropo fixemos círculos de cartón, aproveitando para repasar diferentes conceptos como o diámetro, o radio, e tomar medicións para ser exactos co uso do compás.




Unha vez recortados os círculos de cartón, fixemos outros dous de papel para poder ilustrar as dúas caras do noso xoguete, que posteriormente pegaríamos no cartón.

Para facer os debuxos quitamos algunhas ideas de internet, aínda que cada un de nós lle deu o seu toque persoal.




Por último, enganchamos dúas gomas elásticas a ambos extremos do círculo e fixémolas xirar coas puntas dos dedos.
Para que o entendades mellor, aquí vos deixamos os resultados das nosas creacións.

mércores, 10 de abril de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

Ola!

Achégase o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, e coma sempre imos celebralo por todo o alto.

Neste 2024 a homenaxeada é Luísa Villalta, grande defensora da nosa cultura e da nosa lingua.

Se queredes saber un pouquiño sobre a súa vida, podedes ver o vídeo que aparece a continuación:

Ademais, nas seguintes ligazóns atoparedes unha chea de xogos interactivos para pór a proba os vosos coñecementos sobre a autora.

Primavera das letras

Seminario Galán

Ah! E estade atentos ao blog porque haberá sorpresas con moito ritmo 🎵🎵🎵 

Apertas de bolboreta poeta! 🦋

xoves, 4 de abril de 2024

X CERTAME DE RELATO CURTO

O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊 




Apertas de bolboreta! 🦋



mércores, 3 de abril de 2024

PINCHA NO GROVE

Ola!

Pinchanogrove puxo en marcha un concurso para que as nenas e os nenos recrearan a Pinchiño, a mascota do certame de degustación de pinchos que organiza o Concello de O Grove.

Para elaborar a mascota, a cativada tivo que empregar material de refugallo e pór a creatividade e o enxeño en marcha.

Aquí vos deixamos os Pinchiños tan feitiños produto desta actividade tan chula.

Grazas a todas as familias por participar e colaborar 💝









Apertas de bolboreta 🦋









ESCAPE ROOM POLA IGUALDADE - CONCELLO DO GROVE

Ola!

O alumnado de 6º curso participou nun Escape Room organizado polo Concello do Grove, no que tiveron que resolver distintos enigmas relacionados coa igualdade e sobre as distintas manifestacións da violencia machista.

Analizaron prexuízos, estereotipos e mitos asociados á igualdade, así como a evolución neste eido nos últimos anos. 




Sen dúbida, unha actividade de moito proveito!

Apertas de bolboreta feminista! 🦋