Aproveitando que tivemos unha optometrista no cole coa que aprendimos unha morea de cousas, nesta sesión do Club de Ciencias decidimos recrear un artiluxio que demostra algunhas eivas da nosa visión: o traumatropo!
O traumatropo é un xoguete óptico creado por John Ayrton París a principios do século XIX, que tentou demostrar que as imaxes que precibimos permanecen na nosa retina unha décima de segundo antes de desaparecer por completo, o que fai que se funda coa seguinte imaxe, creando unha sensación de movemento.
Para facer o tramatropo fixemos círculos de cartón, aproveitando para repasar diferentes conceptos como o diámetro, o radio, e tomar medicións para ser exactos co uso do compás.
Para facer os debuxos quitamos algunhas ideas de internet, aínda que cada un de nós lle deu o seu toque persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario