Ligazóns CEIP Plurilingüe de Conmeniño
luns, 30 de outubro de 2023
NON DIGAS GHALOGÜIN! DÍGOCHO EU!
UNHA CHEA DE LIBROS
Queridas familias e nen@s, non esquezades que podedes levar os exemplares de Samaín para a vosa casa a través do préstamo na Biblioteca.
SAMAÍN: XOGAMOS?
Entre conto e conto, haberá tempo de coñecer as nosas orixes e aprender xogando, non si?
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Gozade oito da xornada!
Apertas de bolboreta zombi! 🦋
MÚSICA PARA ANIMAR AOS MORTOS!
A quen lle apetece mover un pouco o esqueleto?
Deixámosvos unha seleción de cancións vencelladas ao Samaín, e xa que estamos, imos quecendo motores para o Magosto, parécevos?
A gozar!
Apertas de polilla zombi!
venres, 27 de outubro de 2023
VALENTINA
O pasado mércores o alumnado de Educación Primaria acudiu ao Auditorio do Grove para ver "Valentina", unha película moi fermosa que nos ensinou o importante que é loitar polo que queremos ser na vida e contar co apoio das persoas que nos arrodean, onde queira que estean.
Se queredes ver o trailer da película, dádelle ao play!
Sabiades que...
- Valentina gañou o Premio Goya 2022 á mellor película de animación? Estes premios entréganselle ás mellores películas de España!
- Lucía Serén e Pepa Lockhart son as dúas mozas con Síndrome de Down que lle dan voz a Valentina
- A directora desta película é Chelo Loureiro
- A animación da película é obra do ilustrador David Pintor
Bravo por Valentina e a súa equipa!
"Se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible!" O segredo é loitar polo que queremos, confiar nas nosas capacidades,sen perder a ilusión e as ganas de aprender. Naturalmente!!!
Hoxe, máis que nunca, apertas de bolboreta! 🦋
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado martes 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, así que aproveitamos para presentar oficialmente o noso Proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta".
Como podedes ver no vídeo, fixemos a inauguración das Olimpíadas pasando a antorcha polas distintas aulas ata chegar á entrada. Alí cantamos todos xuntos o himno, creado polas alumnas e alumnos, coa axuda de Belén, a mestra de música.
Foi tan emocionante!!!
E xa que estabamos, aproveitamos para presentar a nova mascota de Biblioteca, un ratiño ben feitiño que deseñou Vicky, de 6º curso. Parabéns!
venres, 20 de outubro de 2023
CONCURSOS PARA O SAMAÍN
Achégase o Samaín e con el as pantasmas, os monstros, as bruxas, as curuxas... e os contos de medo!!!
Animádesvos a participar nun concurso?
Lede con atención e mans á obra!
EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
xoves, 19 de outubro de 2023
HIMNO OLÍMPICO: UN EQUIPO ÉPICO
Ola deportistas!
O alumnado do cole, coa axuda da profe Belén, creou nestes días un HIMNO OLÍMPICO propio!!! E non pode sonar mellor!
E para que todas e todos poidamos aprendelo, as nenas e os nenos de 6º curso prepararon esta versión karaoke.
A que esperades? Dádelle ao "play"!
Parabéns a todo o equipo polo fantástico traballo! 👏👏👏
Apertas de bolboreta olímpica! 🦋
luns, 16 de outubro de 2023
DEPORTES HISTÓRICOS
venres, 6 de outubro de 2023
CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META
Comezamos este ano olímpico coa estrea da primeira edición do Telexornal de Conmeniño, onde o alumnado das diferentes aulas fala dos deportes nos que decidiron centrarse e as actividades que lles gustaría levar a cabo ao longo do curso.
E que ben o fixeron! 👏👏👏👏
Agardamos que vos guste 😊
Apertas de bolboreta contorsionista 😉
mércores, 4 de outubro de 2023
LIBROS A EITO
Aviso a navegantes!
Xa tedes á vosa disposición unha morea de libros relacionados co noso Proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta".