Kian e Gauri contáronnos o conto do Galo Quirico. Queres saber si foi á voda do tío Perico? Pois non perdas detalle!
Pincha Aquí para ver o conto.
Kian e Gauri contáronnos o conto do Galo Quirico. Queres saber si foi á voda do tío Perico? Pois non perdas detalle!
Pincha Aquí para ver o conto.
Preme aquí para coñecer Personaxes do Samaín
Aquí vos deixo o enlace desta web, por si queredes descubrir máis cousas misteriosas.
Xa está aquí o derradeiro número da revista "A voz de Conmeniño".
Podedes vela na seguinte presentación ou acceder a través do código QR que aparece ao final da entrada.
Agardamos que vos guste, que gocedes moito coa lectura e que rememoredes coa cativada cada unha das experiencias vividas.
Felices vacacións!
Achégase a noite de San Xoan, a máis curta do ano.
Xa tedes todo preparado para facer o cacho?
O alumnado de 4º de EP investigou sobre as 7 herbas que cómpre recoller, cos usos e propiedades máxicas de cada unha delas, así como as instrucións para facer o cacho e como conseguir que a noite meiga faga a súa maxia.
Xa temos gañadores do concurso de fotografía "Olladas: Mirei ao ceo e vin..." 🥁🥁🥁
O primeiro premio é para Alba Lois, de 5º de EI.
O Grove nas nubes
Na derradeira sesión do Club de Ciencias estivemos analizando todo o traballo realizado, valorando todo o aprendido e aportando achegas para o vindeiro curso.
Próximamente poderedes ver un vídeo resumo elaborado polo alumnado no que contan cousas moi interesantes e aportan ideas para pór en práctica nun futuro.
Posteriormente, todos os membros do Club recibiron un agasallo como recoñecemento ao traballo realizado, o esforzo, o interese, a ilusión e a actitude tan positiva que amosaron en cada unha das tardes que partillamos en equipo.
Entregadas as lupas, estiveron observando diversos insectos con elas na propia biblioteca, ata que chegou o momento de sair ao exterior para observar a vida pequeniña que convive con nós no patio.