xoves, 30 de maio de 2024

MÚSICA EN VIVO


 Continuamos coa celebración das nosas letras, desta volta cunha actuación musical que tivo unha gran acollida entre o alumnado.

As Cantodorxiñas de 4º EP deron un concerto no patio de herba, no que tamén contamos coa participación de Gonzalo.

Que orgullosas estamos de vós!

Parabéns, artistas! 💙💙💙

luns, 27 de maio de 2024

MICRO ABERTO

Pola semana das Letras Galegas durante os recreos preparáronse na Biblioteca sesións de "Micro Aberto", para que o alumnado que quixese fose demostrar o seu talento: tocar un instrumento, cantar unha canción, contar un chiste ou mesmo un conto.







Grazas a todas e a todos pola vosa participación!

Apertas de bolboreta gaiteira!🦋


xoves, 23 de maio de 2024

BRINCADEIRAS DA LINGUA - MIGALLAS

Ola!

O pasado martes 21 de maio, tivemos a sorte de ter con nós a Migallas Teatro, co seu espectáculo "Brincadeiras da Lingua" e seguir festexando así a Semana das Letras Galegas.

Acompañados por María Campos e Carlos Yus, puidemos comprobar a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados tradicionais na nosa lingua a través de xogos verbais, cancións e monicreques.

Se queredes ver un anaquiño desta cita tan divertida, dádelle ao play!


Deixamos por aquí a compilación de Brincadeiras da Lingua. Seredes quen de aprender algunha?


Apertas de bolboreta lareta!🦋

mércores, 22 de maio de 2024

FOTOGRAFÍAS A CONCURSO I

Ola artistas!

Estamos moi contentas de anunciar que xa temos as primeiras imaxes do Concurso de Fotografía Olladas: Mirei ao ceo e vin... Imaxes sorprendentes que desvelan historias moi diversas 😍💭

O Grove nas nubes
Alba Lois Silva 5º EI

Mirei ao ceo e vin...unha península. O Grove nas nubes.

😍😍😍


Tiburón nadando no ceo de Rons
Eva Radío Gondar 1º EP

"Eva mirando o ceo dende a ventana da casa, rápidamente atopou a un tiburón coa súa tan representativa aleta dorsal, a boca tan perigosa e a súa cola."
🦈🦈🦈


Coello
Sofía de Pedre 1º EP
 
"Mirando o ceo en Cuntis Sofia atopou un Coello." 

🐰🐰🐰


Aí ven o cocodrilo!
Manuel de Pedre 4º EI

"Manuel veu un cocodrilo no ceo de Cuntis e tivemos mooooito medo."

🐊🐊🐊


A miña nube
Vera Padín González 4º EP

"A miña nube seméllase a unha dragona. Se vos fixades pódese ver a forma da súa cabeza, as súas ás e o seu corpo.
Vímola meu irmán máis eu paseando polo porto do Grove. Espero que vos guste!"

🐉🐉🐉

Moitísimas grazas, familias! 😍😍😍

Agardamos que estas primeiras mostras animen a moitas outras familias a participar. O ceo está cheo de grandes sorpresas, a que estades esperando? 😉

Apertas de bolboreta! 🦋

xoves, 16 de maio de 2024

TEATRO: O VIOLINO DE LUÍSA


 Neste mes de Maio tivemos a sorte de asistir a un musical sobre a vida e obra de Luisa Villalta, convidados polo Concello do Grove.

O pasamos moi ben e ata nos agasallaron cun libro sobre a autora! 🤩




martes, 14 de maio de 2024

XOGANDO E APRENDENDO CON LUÍSA VILLALTA

Ola rapazada!

Dado o éxito que están tendo as actividades sobre a nosa querida Luísa Villata, deixamos por aquí outras novas, para que continuedes xogando e aprendendo con esta marabillosa muller.

E para rematar, vos animades a cantar con este karaoke tan chulo que fixeron os compas do CEIP Plurilingüe do Carballal?

Apertas de bolboreta violinista 🦋🎶🎶

venres, 10 de maio de 2024

CLUB DE CIENCIA: RETO DO OVO

 Nesta sesión do Club de Ciencia levamos a cabo un novo reto que consistía en elaborar unha estrutura que permitise botar un ovo pola fiestra da biblioteca sen que escachase ao bater co chan.

Para elaborar a estrutura utilizamos os seguintes materiais:

- un ovo

- unha bolsa do lixo

- fita adhesiva

- un vaso de cartón

- depresores de madeira

- escarvadentes

- palliñas de papel

- tres globos

- fío de algodón


Podían utilizar todo o material da listaxe que quixeran, coa condición de que o ovo, dentro do vaso, non podía estar cuberto por ningún elemento.

Así que, puxéronse mans á obra, expremendo os miolos para superar o reto.

Todos os equipos o conseguirían? 😅🙊

Podedes ver o resultado no seguinte vídeo:

domingo, 5 de maio de 2024

LUÍSA VILLALTA

Ola!

Se queredes coñecer máis sobre a vida e obra da autora homenaxeada neste 2024 polo Día das Letras Galesgas, non deixedes de ver esta presentación interactiva 😉

Apertas de bolboreta!🦋💙