mércores, 22 de maio de 2024

FOTOGRAFÍAS A CONCURSO I

Ola artistas!

Estamos moi contentas de anunciar que xa temos as primeiras imaxes do Concurso de Fotografía Olladas: Mirei ao ceo e vin... Imaxes sorprendentes que desvelan historias moi diversas 😍💭

O Grove nas nubes
Alba Lois Silva 5º EI

Mirei ao ceo e vin...unha península. O Grove nas nubes.

😍😍😍


Tiburón nadando no ceo de Rons
Eva Radío Gondar 1º EP

"Eva mirando o ceo dende a ventana da casa, rápidamente atopou a un tiburón coa súa tan representativa aleta dorsal, a boca tan perigosa e a súa cola."
🦈🦈🦈


Coello
Sofía de Pedre 1º EP
 
"Mirando o ceo en Cuntis Sofia atopou un Coello." 

🐰🐰🐰


Aí ven o cocodrilo!
Manuel de Pedre 4º EI

"Manuel veu un cocodrilo no ceo de Cuntis e tivemos mooooito medo."

🐊🐊🐊


A miña nube
Vera Padín González 4º EP

"A miña nube seméllase a unha dragona. Se vos fixades pódese ver a forma da súa cabeza, as súas ás e o seu corpo.
Vímola meu irmán máis eu paseando polo porto do Grove. Espero que vos guste!"

🐉🐉🐉

Moitísimas grazas, familias! 😍😍😍

Agardamos que estas primeiras mostras animen a moitas outras familias a participar. O ceo está cheo de grandes sorpresas, a que estades esperando? 😉

Apertas de bolboreta! 🦋

Ningún comentario:

Publicar un comentario