venres, 10 de maio de 2024

CLUB DE CIENCIA: RETO DO OVO

 Nesta sesión do Club de Ciencia levamos a cabo un novo reto que consistía en elaborar unha estrutura que permitise botar un ovo pola fiestra da biblioteca sen que escachase ao bater co chan.

Para elaborar a estrutura utilizamos os seguintes materiais:

- un ovo

- unha bolsa do lixo

- fita adhesiva

- un vaso de cartón

- depresores de madeira

- escarvadentes

- palliñas de papel

- tres globos

- fío de algodón


Podían utilizar todo o material da listaxe que quixeran, coa condición de que o ovo, dentro do vaso, non podía estar cuberto por ningún elemento.

Así que, puxéronse mans á obra, expremendo os miolos para superar o reto.

Todos os equipos o conseguirían? 😅🙊

Podedes ver o resultado no seguinte vídeo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario