Preme aquí para ver o Festival de Panxoliñas no que participou o CEIP Conmeniño, xunto con outros centros do Grove e a Escola de Música.
Ligazóns CEIP Plurilingüe de Conmeniño
mércores, 17 de decembro de 2025
luns, 15 de decembro de 2025
VISITA AO CENTRO DE DÍA "AS MIMOSAS"
O 28 de novembro visitamos o centro de día do noso polo, as MIMOSAS, onde vivimos unha divertida experiencia viaxando no turitren e elaborando tarxetas de Nadal para agasallar aos usuarios, compartindo sorrisos e complicidade.
DÍA DA DISCAPACIDADE
Para conmemorar o Día da Discapacidade, recibimos a visita de AMICOS, quenes nos propuxeron unha xincana de xogos vivenciais para sentir e comprender as diferenzas que nos fan únicos á vez que experimentamos o respecto, tolerancia, empatía e diversidade funcional.
VISITA DE PAULA CARBALLEIRA!!!
O pasado 10 de decembro tivemos a sorte de recibir a visita de Paula Carballeira, quen nos contou uns divertidos e animados contos, onde o pasamos xenial. Moitas gracias, Paula!
martes, 4 de novembro de 2025
Corre corre cabaciña!
Os nenos e nenas de 5º de EP deleitaronnos con esta obra de teatro musicalizada! Uns verdadeiros artistas! Preme aquí para ver o vídeo
Concurso arrepiante de Samaín!
- Velaí os gañadores deste ano do concurso arrepiante de Samaín! Parabéns para todos os participantes!!!
- Leo (4º de EI)
Valentina (1º de EP)
Sofía (3º de EP)
Lucía (4º de EP)
Gael (5º de EP)
martes, 28 de outubro de 2025
VISITA DE ESTEFANÍA PADULLÉS!
O venres 17 de outubro, tivemos a sorte de que nos viñera contar un conto, nada menos que a autora de "Que mal día, gato Klops". Puidemos comprobar como o que nos parece un gran mal, se pode transformar, nun gran ben! Tamén nos fixo un debuxo do conto; mirade, mirade...
OS BIORRESIDUOS E A SÚA CORRECTA SEPARACIÓN
Novo curso, novo proxecto: RETROVIAXE: Pegadas que contan historias.
Comezou un novo curso e o noso PDI este ano, versa sobre as diferentes etapas da historia. Anímaste a descubrilas?
luns, 23 de xuño de 2025
A VOZ DE CONMENIÑO NÚM 3
Preme na LIGAZÓN para visualizar o terceiro número da Revista "A voz de Conmeniño". Agardamos que vos guste!!!
mércores, 18 de xuño de 2025
Telexornal Conmeniño 3º Trimestre
Preme na seguinte Ligazón para acceder ao Telexornal do 3º trimestre do CEIP Conmeniño, no que os nosos reporteiros de 4º EP fan un percorrido polos produtos finais do noso PDI OLLARTE, adicado, como sabedes, ás distintas artes.
martes, 3 de xuño de 2025
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NO CEIP PL CONMENIÑO.
Aquí vos deixamos unha mostra das fotografías presentadas ao II Concursos de Fotografía, que este ano leva por título: Arte na natureza.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este día das letras galegas foi moi especial. Vivimos un día de convivencia do CEIP As Bizocas, onde asistimos á actuación do grupo Abiñadoira, cantamos e bailamos a canción "Somos os mecos do Ghrove", realizamos xogos conjuntos e vivimos un día diferente. O ano próximo tócalle ao CEIP As Bizocas, visitar o CEIP Conmeniño!!!
luns, 19 de maio de 2025
MOITAS GRACIAS A TODOS OS ARTISTAS QUE VISITARON O CEIP PL DE CONMENIÑO!!!
Dende o centro CEIP Plurilingüe de Conmeniño, e moi especialmente dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos agradecer a colaboración de todos os e as artistas que compartiron con nós un anaquiño das súas vivencias, amosándonos a súa arte como unha forma de vida e de disfrute. Gracias por contribuir e enriquecer o desenvolvemento do noso Proxecto Documental Integrado de Centro. Aquí vos deixamos unha mostra desta actividade: preme neste enlace para ver o vídeo































.jpeg)

.jpeg)















