luns, 27 de xaneiro de 2025

VISITA DA PINTORA NOELIA SOBRINO!


 

Hoxe visitounos a pintora Noelia Sobrino. Ensinounos moitas das súas obras, compartíu con nós as súas experiencias e dounos moi bos consellos. Ademais tivo a xenial idea de levar de recordo, un cuadro pintado por 3 alumnos e alumnas elixidos ao chou. 




VISITA DO PINTOR CARLOS ÁLVAREZ BESADA!


 

O venres 25 de xaneiro,  contamos no CEIP Conmeniño coa vistita do pinto meco Carlos Álvarez Besada, quen nos trouxo unha pequena mostra da súa obra así como doutros colegas seus. Fixemos un percorrido polos diferentes estilos pictóricos e os nosos cativos tiveron moitas moitas preguntas! Moitas gracias, Carlos!!!

sábado, 25 de xaneiro de 2025

CONTO DO APALPADOR

 Neste enlace vos deixamos o conto do Apalpador un chisco especial, narrado por Kian e Gauri! O Apalpador será quen de chegar á aldea?