martes, 25 de febreiro de 2025

VÍCTOR GALLEGO NO NOSO COLE!


 Víctor Gallego estivo no noso cole, ensinándonos cousas tan interesantes como todo o que se pode facer cunha cámara; todas as persoas que traballan detrás das cámaras; como se gravan os programas de TV; os documentais que gravou no Grove; cal é a mellor hora para gravar no exterior; como se grava en movemento... en fin... Unha manchea de cousas! Moitas gracias Víctor!










xoves, 13 de febreiro de 2025

A REVISTA SALGHADOIRO VÉN AO NO NOSO COLE!

 Esta semana, tivemos a gran sorte de contar coa visita de Leticia Castro e Andrea Menéndez, co fundadoras da Revista Salghadoiro. Contáronnos cousas tan interesantes como que é un salghadoiro, cal é a súa función; por que a revista leva ese nome; que queren conseguir coas publicacións da revista; que profesionais se precisan para crear unha revista... Foi realmente interesante! Moitas gracias!!!!






luns, 10 de febreiro de 2025

VISITA DAS CANTAREIRAS LARA E ANDREA

 O venres, tivemos a sorte de contar con dúas persoas que dedican a súa vida á música tradicional. Compartiron con nós cousas tan interesantes como o papel das informantes; de onde veñen as cancións populares; por que en Galicia están nos dous idiomas; que é sacar unha copla; como se aturuxa; que é  a percusión doméstica; de donde veñen os nomes das cancións tradicionais; puidemos tocar instrumentos tradicionais... Moitas gracias Lara e Andrea! 


Ensináronnos esta bonita canción!!!

Tamén disfrutamos da actuación das cantareiras que temos no cole!

E aquí vos deixamos a canción que nos cantaron Lara e Andrea!


 





martes, 4 de febreiro de 2025

VISITA DA ARTISTA RETHA DE KOCK


 Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Retha de Kork, artista polifacética que nos explicou cousas tan interesantes como a diferencia entre pintura e escultura, as diferentes formas e materiais que se poden usar na escultura, que ferramentas usa para realizar o seu traballo... Compartiunos fotos impresionantes  sobre mostras de todo o que fai... Non deixou de abraiarnos coa súa actividade no departamento de arte do cine, os efectos especiais, animatronic, as máscaras que creou para a película Mad Max...




                               


Moitas gracias Retha!!!