martes, 22 de abril de 2025

II TELEXORNAL DE CONMENIÑO, PARA GRANDES E PEQUENIÑOS!


TELEXORNAL 2º TRIMESTRE

 Bo día! Preme na ligazón anterior para acceder ás novas sobre o segundo trimestre no CEIP CONMENIÑO, onde o alumnado seguiu afondando no traballo sobre o tema elixido dentro do PDI do centro, OLLARTE.

domingo, 20 de abril de 2025

PECHE DE OURO DO SEGUNDO TRIMESTRE CON CAROLINA RUBIROSA!

 



Este trimestre recibimos a visita de diversos artistas locais que nos falaron do seu traballo nos diferentes ámbitos artísticos e finalizamos esta actividade coa presencia e actuación da cantante meca Carolina Rubirosa, quen nos achegou ao seu día a día, nos falou da importancia da música e do seu estudo; da súa paixón polo saxofón e moitas cousas máis. Deleitounos con varias das canciones dos seus discos que nos deixou como agasallo. Millóns de gracias Carolina!!!



Aquí vos deixamos un fragmento da actuación!


VISITA DO FOTÓGRAFO DAVID TORRADO!

 

Recibimos a visita de David Torrado, fotógrafo, arquitecto e mergullador, quen nos introduciu no mundo da fotografía a través das fotos que foi sacando ao longo da súa vida, que contan historias, atrapan momentos e fan florecer emocións. Moitas gracias, David!!!