venres, 14 de xuño de 2024

CLUB DE CIENCIA: OBSERVACIÓN CON LUPAS NO PATIO

 Na derradeira sesión do Club de Ciencias estivemos analizando todo o traballo realizado, valorando todo o aprendido e aportando achegas para o vindeiro curso.

Próximamente poderedes ver un vídeo resumo elaborado polo alumnado no que contan cousas moi interesantes e aportan ideas para pór en práctica nun futuro.

Posteriormente, todos os membros do Club recibiron un agasallo como recoñecemento ao traballo realizado, o esforzo, o interese, a ilusión e a actitude tan positiva que amosaron en cada unha das tardes que partillamos en equipo.

Entregadas as lupas, estiveron observando diversos insectos con elas na propia biblioteca, ata que chegou o momento de sair ao exterior para observar a vida pequeniña que convive con nós no patio.









Cun caderno de campo para rexistrar os achados e unhas tabletas para tirarlles fotos aos seres vivos, pasamos a tarde traballando en equipo e compartindo observacións e datos curiosos.























O BARCO DE PEPIÑO

Un ano máis despedimos o curso cunha visita guiada pola nosa querida Ría de Arousa no Barco de Pepiño.
Queremos darlle as gracias a toda a tripulación, que tanto en tan ben nos explicaron sobre as bateas e os crustáceos que nelas habitan.
Que ben o pasamos!
Grazas de corazón e unha aperta especial a Pepiño e a Manolo, tío e avó de Vera e Borja, por convidarnos unha vez máis a vivir unha experiencia tan chula 💙💙💙









Despois da visita en catamarán, aproveitamos para meredar no parque do Confín e pasar un tempiño de lecer gozando destas marabillosas vistas.








Apertas de bolboreta mariñeira 🦋










 

venres, 7 de xuño de 2024

BATIDA DE LIMPEZA NA LAVAXEIRA

Moitos de nós pasamos as tardes de verán na Lavaxeira, vendo como ano tras ano o mar devolve todo o lixo que producimos as persoas.

Unha vez máis, puxemos o noso gran de area para limpar a nosa contorna, concienciéndanos da importancia de contribuir a manter os espazos naturais limpos.

Ogallá chegue o día no que non teñamos que facer batidas de limpeza e poidamos ir á praia simplemente a gozar da natureza.

Grazas a todas e a todos por facer deste un mundo mellor 💙










Tamén quedou tempo para gozar do día de praia, xogar e observar a fauna que habita as nosas costas.









luns, 3 de xuño de 2024

FOTOGRAFÍAS A CONCURSO II

Xa temos as derradeiras fotografías recibidas ao longo dos últimos días.

Botádelle unha ollada porque son CHULÍSIMAS! 😍😍😍

Mirei o ceo e vin...un osiño de gominola!

Valentina Triñanes Meis 5º EI


"Si te fixas ben poderás ver o noso osiño medio deitado, está un pouco canso de tanto cantar a súa canción. É moi esponxoso, case tanto como as nubes, as de verdade e as de comer 🤭 
Senón o consegues ver eu ensíñoche como é.
Está de perfil, ten a súa orella, a cabeza co seu nariz, ten as manciñas pequenas coa súa grande barriga. Rematamos cos pés mentras se recosta para descansar."
🧸🧸🧸


O Ratonciño Pérez
Xabi Basdedios Otero 4º EP

"Esta foto fixéronna Xabi e mais o seu tio un día de paseo."

🐭🐭🐭


O dragón no ceo
Sara Álvarez Padín 6º EP

"Sara mirou ao ceo e veu a cabeza dun dragón botando lume."
🐲🐲🐲


Illa das nubes
Daniela Meis Prol 6º EP

"Buscando entre as nubes encontrei unha illa.
Que misterios ocultará? Quen habitará aí?
Hai moitos misterios que non se van poder resolver..."
🏝🏝🏝


Álvaro Ferreiro Méndez 5º EP

🌋🌋🌋



Moitísimas grazas a todas e a todos por participar e compartir con nós olladas tan fermosas 💙💚💛💜🩷🧡

Estade atentas ao blog porque pronto faremos públicos os nomes das persoas gañadoras.

Apertas de bolboreta soñadora! 🦋