martes, 22 de abril de 2025

II TELEXORNAL DE CONMENIÑO, PARA GRANDES E PEQUENIÑOS!


TELEXORNAL 2º TRIMESTRE

 Bo día! Preme na ligazón anterior para acceder ás novas sobre o segundo trimestre no CEIP CONMENIÑO, onde o alumnado seguiu afondando no traballo sobre o tema elixido dentro do PDI do centro, OLLARTE.

domingo, 20 de abril de 2025

PECHE DE OURO DO SEGUNDO TRIMESTRE CON CAROLINA RUBIROSA!

 



Este trimestre recibimos a visita de diversos artistas locais que nos falaron do seu traballo nos diferentes ámbitos artísticos e finalizamos esta actividade coa presencia e actuación da cantante meca Carolina Rubirosa, quen nos achegou ao seu día a día, nos falou da importancia da música e do seu estudo; da súa paixón polo saxofón e moitas cousas máis. Deleitounos con varias das canciones dos seus discos que nos deixou como agasallo. Millóns de gracias Carolina!!!



Aquí vos deixamos un fragmento da actuación!


VISITA DO FOTÓGRAFO DAVID TORRADO!

 

Recibimos a visita de David Torrado, fotógrafo, arquitecto e mergullador, quen nos introduciu no mundo da fotografía a través das fotos que foi sacando ao longo da súa vida, que contan historias, atrapan momentos e fan florecer emocións. Moitas gracias, David!!!





luns, 31 de marzo de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 Aquí vos deixamos este traballo realizado polo alumnado de 2º EP para conmemorar o Día de Rosalía De Castro! Parabéns!


venres, 28 de marzo de 2025

DÍA DE CINE CON DUNIA ÁLVAREZ!

 Hoxe visitounos Dunia Álvarez e aprendimos un montón de cousas sobre o cine. Vimos a primeira película da historia!!! Contounos cousas tan interesantes como que hubo 4 salas de cine no Grove e que o bisavó da profe Sonia, Juan Fernández, foi o fundador da primeira delas. Tamén nos contou como era o cine Besada, o cine ambulante... Que o cine o Marino era dos máis grandes de Galicia, con máis de 1000 butacas. Nos falou tamén da gran oferta cultural que se promovía ao carón dos cines; que eran as estampas;  como se promocionaban as películas; que se comía cando se ía ao cine;  que era o celuloide e os motivos do peche dos cines e da aparición dos multicines. 

Moitas gracias Dunia! Foi moi interesante e divertido!!!










venres, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA CON EVA GONDAR!

 Hoxe visitounos a escritora grovense, Eva Gondar, quen nos contou a sua experiencia como escritora, tanto de poesía como de novela.



 O alumnado de terceiro, recitou os poemas que traduciu ao galego do libro Fantasía.



Eva, deixounos a sua dedicatoria no libro de visitas. Moitas gracias Eva!




A MULLER DA MIÑA VIDA


Mural 8 M. Nesta ligazón vos deixamos o mural das mulleres da vida do noso alumnado! 




martes, 18 de marzo de 2025