martes, 28 de outubro de 2025

VISITA DE ESTEFANÍA PADULLÉS!

 O venres 17 de outubro, tivemos a sorte de que nos viñera contar un conto, nada menos que a autora de "Que mal día, gato Klops".  Puidemos comprobar como o que nos parece un gran mal, se pode transformar, nun gran ben! Tamén nos fixo un debuxo do conto; mirade, mirade...








OS BIORRESIDUOS E A SÚA CORRECTA SEPARACIÓN

O alumnado de 5º e 6º recibiu unha interesante charla de como separar correctamente os biorresiduos. Continuamos a cuidar o medio ambiente!





 

Novo curso, novo proxecto: RETROVIAXE: Pegadas que contan historias.


 Comezou un novo curso e o noso PDI este ano, versa sobre as diferentes etapas da historia. Anímaste a descubrilas?

mércores, 18 de xuño de 2025

Telexornal Conmeniño 3º Trimestre

Preme na seguinte  Ligazón para acceder ao Telexornal do 3º trimestre do CEIP Conmeniño, no que os nosos reporteiros de 4º EP fan un percorrido polos produtos finais do noso PDI OLLARTE, adicado, como sabedes, ás distintas artes. 


martes, 3 de xuño de 2025

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NO CEIP PL CONMENIÑO.

 Aquí vos deixamos unha mostra das fotografías presentadas ao II Concursos de Fotografía, que este ano leva por título: Arte na natureza. 















DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este día das letras galegas foi moi especial. Vivimos un día de convivencia do CEIP As Bizocas, onde asistimos á actuación do grupo Abiñadoira,  cantamos e bailamos a canción "Somos os mecos do Ghrove", realizamos xogos conjuntos e vivimos un día diferente. O ano próximo tócalle ao CEIP As Bizocas, visitar o CEIP Conmeniño!!!



Preme aquí se queres ver o vídeo dese día!







luns, 19 de maio de 2025

MOITAS GRACIAS A TODOS OS ARTISTAS QUE VISITARON O CEIP PL DE CONMENIÑO!!!





Dende o centro CEIP Plurilingüe de Conmeniño, e moi especialmente dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos agradecer a colaboración de todos os e as artistas que compartiron con nós un anaquiño das súas vivencias, amosándonos a súa arte como unha forma de vida e de disfrute. Gracias por contribuir e enriquecer o desenvolvemento do noso Proxecto Documental Integrado de Centro. Aquí vos deixamos unha mostra desta actividade: preme neste enlace para ver o vídeo