luns, 2 de febreiro de 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ










 Como cada ano, celebramos o Día da Paz. Aínda que a choiva non nos permitiu realizar a  tradiciónal andaina,  o alumnado de 6º de EP, leu un manifesto pola paz elaborado por eles e todos xuntos, interpretamos a canción Día da Paz  de Pablo Díaz. 

Compartimos os vídeos destes momentos.  CLICA NOS ENLACES. CANCIÓN DÍA DE PAZMANIFESTO SOBRE A PAZ



                                            

venres, 9 de xaneiro de 2026

CONTO "OS TRES CABRITIÑOS"


 Lucía, Vera e Adael nos traen este conto, titulado "Os tres cabritiños" que presentamos ao concurso de Tíralle da Lingua! Preme aquí para velo.

mércores, 17 de decembro de 2025

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS


                                                       


Preme aquí para ver o Festival de Panxoliñas no que participou o CEIP Conmeniño, xunto con outros centros do Grove e a Escola de Música.  


luns, 15 de decembro de 2025

VISITA AO CENTRO DE DÍA "AS MIMOSAS"

O 28 de novembro visitamos o centro de día do noso polo, as MIMOSAS, onde vivimos unha divertida experiencia viaxando no turitren e elaborando tarxetas de Nadal para agasallar aos usuarios, compartindo sorrisos e complicidade.






DÍA DA DISCAPACIDADE

 Para conmemorar o Día da Discapacidade, recibimos a visita de AMICOS, quenes nos propuxeron unha xincana de xogos vivenciais para sentir e comprender as diferenzas que nos fan únicos á vez que experimentamos o respecto, tolerancia, empatía e diversidade funcional.










VISITA DE PAULA CARBALLEIRA!!!

 O pasado 10 de decembro tivemos a sorte de recibir a visita de Paula Carballeira, quen nos contou uns  divertidos e animados contos, onde o pasamos xenial. Moitas gracias, Paula!





25N


  Clica aquí Aqui 25N para ver unha mostra da proposta de 5º EP para conmemorar o 25N. 

martes, 4 de novembro de 2025

Corre corre cabaciña!





 Os nenos e nenas de 5º de EP deleitaronnos con esta obra de teatro musicalizada! Uns verdadeiros artistas!   Preme aquí para ver o vídeo

Concurso arrepiante de Samaín!



    Velaí os  gañadores deste ano do concurso arrepiante de Samaín! Parabéns para todos os participantes!!!

  • Leo (4º de EI)
  • Valentina (1º de EP)

  • Sofía (3º de EP)

  • Lucía (4º de EP)

  • Gael (5º de EP)