Ola!
Queredes escoitar ás nenas e aos nenos de 3 e 4 anos recitando o poema "Parece unha Rosa", de Rosalía de Castro?
E non so saben recitar! Ollade a manualidade tan fermosa que fixeron. 😍
Ola!
Queredes escoitar ás nenas e aos nenos de 3 e 4 anos recitando o poema "Parece unha Rosa", de Rosalía de Castro?
E non so saben recitar! Ollade a manualidade tan fermosa que fixeron. 😍
Ola!
O día 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no cole, unha xornada na que aprendimos unha morea de cousas sobre esta gran muller galega.
Ao día seguinte, tivemos a sorte de asistir a unha sesión de contacontos de "Tarabelos. Títeres e contacontos". Esteban Acuña contoulles aos maiores do cole a historia de "Vidal o sin ventura", un poema incluído na obra de Rosalía "Cantares Gallegos". E os máis cativos, puideron gozar da escoita de Lendas galegas.
Foi marabilloso poder asistir a este espectáculo no que grandes e pequenos, mestras e mestres, divertímonos moitísimo.
Premede nas ligazóns para acceder aos contidos:
PROPOSTA ARTÍSTICA EDUCACIÓN INFANTIL
Grazas por todo, Esteban!
Apertas de bolboreta!
O pasado 10 de febreiro, as nenas e os nenos de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de asistir a unha Ruta ornitolóxica que se desenvolveu na Praia do Fornos, na Illa da Toxa. Alí puideron observar as diferentes aves que habitan a nosa costa a través de prismáticos e telescopios, ao tempo que anotaban nun caderno de campo todas as especies que foron quen de avistar, aproveitando ademais para fotografar todos os marabillosos momentos que nos brindou esta experiencia.
Cormoráns, gaivotóns, espátulas, garcetas, gaivotas choronas... foron algunhas das especies que puidemos observar.
O noso agradecemento a Encarna e a Gustavo, de Seo/Birdlife Pontevedra, por compartir con nós todos os seus coñecementos, pola súa amabilidade e por contaxiarnos o seu entusiasmo e actitude respectuosa coas aves e o medio ambiente.
Agradecer tamén ao Concello do Grove por ofrecernos actividades tan enriquecedoras como esta.
Apertas de bolboreta!
Ola!
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, e que mellor forma de facelo que cantando na súa fala, na nosa fala.
Ola rapazada!
Queredes xogar con Rosalía de Castro e aprender unha morea de cousas sobre esta muller tan incrible?
Agardamos que o pasáredes moi ben!
Un mundo de bicos e apertas de bolboreta!
Ola,
Sabías que hoxe celebramos o Día da Lingua Materna?
E iso que quere dicir?
Dálle ao play e infórmate.
Ola!
Os nosos amigos de Bolboretas no bandullo tráennos unha receita para facer unhas gorentosas filloas ou freixós. Preme no vídeo e toma nota dos ingredientes e dos pasos para a súa elaboración na ficha que se achega máis abaixo.
Ola!
E ao fin mañán chega o gran día: desfile de choqueiros, degustación de doces típicos de Entroido e moito, moito baile!
Xa sabes a letra de Móvete de Paco Nogueiras que imos bailar todos xuntos?