venres, 27 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado martes 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, así que aproveitamos para presentar oficialmente o noso Proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta".

Como podedes ver no vídeo, fixemos a inauguración das Olimpíadas pasando a antorcha polas distintas aulas ata chegar á entrada. Alí cantamos todos xuntos o himno, creado polas alumnas e alumnos, coa axuda de Belén, a mestra de música.

Foi tan emocionante!!!

E xa que estabamos, aproveitamos para presentar a nova mascota de Biblioteca, un ratiño ben feitiño que deseñou Vicky, de 6º curso. Parabéns!


Agora tócalle a Nico, de 5º curso, terá que deseñar a mascota olímpica partindo desta mesma, xa que foi o segundo finalista no concurso. Estamos desexando ver os resultados!

Noraboa a todo o alumnado participante. Queda claro que temos o cole cheo de artistas!

Apertas e reviravoltas de bolboreta 🦋

venres, 20 de outubro de 2023

CONCURSOS PARA O SAMAÍN

Achégase o Samaín e con el as pantasmas, os monstros, as bruxas, as curuxas... e os contos de medo!!!

Animádesvos a participar nun concurso?

Lede con atención e mans á obra!

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



2º-6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Agardamos os vosos debuxos e microrrelatos con moita ilusión!

Apertas de bolboreta 👻👻👻

xoves, 19 de outubro de 2023

HIMNO OLÍMPICO: UN EQUIPO ÉPICO

Ola deportistas!

O alumnado do cole, coa axuda da profe Belén, creou nestes días un HIMNO OLÍMPICO propio!!! E non pode sonar mellor!

E para que todas e todos poidamos aprendelo, as nenas e os nenos de 6º curso prepararon esta versión karaoke.

A que esperades? Dádelle ao "play"!

Parabéns a todo o equipo polo fantástico traballo! 👏👏👏

Apertas de bolboreta olímpica! 🦋

luns, 16 de outubro de 2023

DEPORTES HISTÓRICOS

Xa que andamos enleadas en temática deportiva, sabedes que deportes se practicaban na Galiza fai moitísimos anos?


Gustaríavos xogar unha partida de Birlos Celtas no patio?
Tomade nota das normas do xogo non vaia a ser que teñamos que xogar algunha partida... 

E non esquezades adestrar a lingua! Como? Falando moito galego!

Apertas de bolboreta!🦋

venres, 6 de outubro de 2023

CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META

Comezamos este ano olímpico coa estrea da primeira edición do Telexornal de Conmeniño, onde o alumnado das diferentes aulas fala dos deportes nos que decidiron centrarse e as actividades que lles gustaría levar a cabo ao longo do curso.

E que ben o fixeron! 👏👏👏👏

Agardamos que vos guste 😊

Apertas de bolboreta contorsionista 😉

mércores, 4 de outubro de 2023

LIBROS A EITO

Aviso a navegantes!

Xa tedes á vosa disposición unha morea de libros relacionados co noso Proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta". 

Podedes gozar con eles no cole ou levalos emprestados a casa.

A que agardades para escoller un? Bulide!


Apertas e piruetas de bolboreta! 🦋

luns, 25 de setembro de 2023

O OUTONO XA CHEGOU!

Benvidas e benvidos a este novo curso!

Outro ano máis estamos de volta para compartir con vós unha morea de actividades, música, xogos e momentos inesquecibles, que de seguro haberá a moreas 💫💫💫

Non se nos ocurre mellor forma de inaugurar este curso escolar que movendo un pouco o esqueleto dándolle a benvida ao Outono. Preparados?


E agora que acougamos un pouco, deixamos unhas cantas actividades para que fagades nas super pantallas dixitais!
Elexide a que máis vos guste.





Deica logo!

Apertas de bolboreta! 🦋

martes, 20 de xuño de 2023

REVISTA ESCOLAR: A VOZ DE CONMENIÑO


Ola amiguiñas e amiguiños!

Xa podedes ler A VOZ DE CONMENIÑO, a nosa revista escolar e rememorar todas as experiencias tan fermosas vividas ao longo deste inesquecible curso escolar.



Rematamos este ano cheo de momentos máxicos. Grazas por compartir e vivir esta viaxe con nós. Esperamos que o curso que ven veña cargado de ilusión e novas aventuras por descrubrir.


Apertas de bolboreta de todas as mestras e mestres que tan orgullosos están de vós.


Gozade no  verán para vir con forzas!!


💙💙💙💙💙💙💙

sábado, 17 de xuño de 2023

PARAÍSO CULINARIO


Ola xentiña...

Hoxe viñemos un pouco famentos e famentas...

O venres 16 de xuño abriunos as portas o prestixioso restaurante “Culler de Pau”. As súas propostas buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, a través de produtos especialmente ecolóxicos e producidos por eles mesmos.

O entorno e a natureza é o camiño gastronómico que os identifica como un lugar único para que o prato sexa especial.








E ata tivemos a oportunidade de plantar...





Queremos agradecer a atención que recibimos. Foi un verdadeiro privilexio ver dende tan cerca o funcionamento do horta, antes de que os alimentos chegen á mesa.

O coidado e o entorno é fundamental.

Grazas, pasámolo xenial!

Apertas de Bolboretas....!💛


venres, 16 de xuño de 2023

NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA


Ola amiguiños e amiguiñas...

O pasado mércores 14 de xuño fixemos unha viaxe en barco pola ría, onde puidemos descubrir un dos grandes tesouros que temos, que en boa parte define a nosa vila de O Grove, que é  gastronomía.

Dende o porto embarcamos e fixemos varias paradas para ver as bateas de cerca e onde nos explicaban o seu funcionamento co mexillón e a importancia que ten para esta aldea mariñeira. Ademais puidemos observar a través dos cristais a visión submarina, o fondo do mar e os peixes que habitan debaixo dos criadeiros.

Tampouco faltou a música e baile para o desfrute dos rapaces; cantaron, saltaron e ata comeron mexillóns para o deleite do seu padal. Estaban boísimos!
















Dende o cole agradecemos ao "Barco de Pepiño", no que gozamos dunha travesía fantástica, cun ambiente moi divertido e unha atención marabillosa. 

Nesta ligazón poderedes reservar e vivir unha experiencia tan boa como a que tivemos nós.



Do mesmo xeito gustaríanos dar as grazas a familia de Borja e Vera de 3º E.P, pola iniciativa e predisposición de querer compartir con todos nós esta aventura e polo bo trato que recibimos no barco.

Apertas de bolboretas!💚