TELEXORNAL 2º TRIMESTRE
Bo día! Preme na ligazón anterior para acceder ás novas sobre o segundo trimestre no CEIP CONMENIÑO, onde o alumnado seguiu afondando no traballo sobre o tema elixido dentro do PDI do centro, OLLARTE.
Bo día! Preme na ligazón anterior para acceder ás novas sobre o segundo trimestre no CEIP CONMENIÑO, onde o alumnado seguiu afondando no traballo sobre o tema elixido dentro do PDI do centro, OLLARTE.
Recibimos a visita de David Torrado, fotógrafo, arquitecto e mergullador, quen nos introduciu no mundo da fotografía a través das fotos que foi sacando ao longo da súa vida, que contan historias, atrapan momentos e fan florecer emocións. Moitas gracias, David!!!
Aquí vos deixamos este traballo realizado polo alumnado de 2º EP para conmemorar o Día de Rosalía De Castro! Parabéns!
Hoxe visitounos Dunia Álvarez e aprendimos un montón de cousas sobre o cine. Vimos a primeira película da historia!!! Contounos cousas tan interesantes como que hubo 4 salas de cine no Grove e que o bisavó da profe Sonia, Juan Fernández, foi o fundador da primeira delas. Tamén nos contou como era o cine Besada, o cine ambulante... Que o cine o Marino era dos máis grandes de Galicia, con máis de 1000 butacas. Nos falou tamén da gran oferta cultural que se promovía ao carón dos cines; que eran as estampas; como se promocionaban as películas; que se comía cando se ía ao cine; que era o celuloide e os motivos do peche dos cines e da aparición dos multicines.
Moitas gracias Dunia! Foi moi interesante e divertido!!!
Hoxe visitounos a escritora grovense, Eva Gondar, quen nos contou a sua experiencia como escritora, tanto de poesía como de novela.
Gracias a todo o alumnado participante neste micro aberto, no que nos achegar cantigas, poemas, aldaíñas, chistes... na nosa língua.