Preme aquí para ver o Festival de Panxoliñas no que participou o CEIP Conmeniño, xunto con outros centros do Grove e a Escola de Música.
Ligazóns CEIP Plurilingüe de Conmeniño
mércores, 17 de decembro de 2025
luns, 15 de decembro de 2025
VISITA AO CENTRO DE DÍA "AS MIMOSAS"
O 28 de novembro visitamos o centro de día do noso polo, as MIMOSAS, onde vivimos unha divertida experiencia viaxando no turitren e elaborando tarxetas de Nadal para agasallar aos usuarios, compartindo sorrisos e complicidade.
DÍA DA DISCAPACIDADE
Para conmemorar o Día da Discapacidade, recibimos a visita de AMICOS, quenes nos propuxeron unha xincana de xogos vivenciais para sentir e comprender as diferenzas que nos fan únicos á vez que experimentamos o respecto, tolerancia, empatía e diversidade funcional.
VISITA DE PAULA CARBALLEIRA!!!
O pasado 10 de decembro tivemos a sorte de recibir a visita de Paula Carballeira, quen nos contou uns divertidos e animados contos, onde o pasamos xenial. Moitas gracias, Paula!
martes, 4 de novembro de 2025
Corre corre cabaciña!
Os nenos e nenas de 5º de EP deleitaronnos con esta obra de teatro musicalizada! Uns verdadeiros artistas! Preme aquí para ver o vídeo
Concurso arrepiante de Samaín!
- Velaí os gañadores deste ano do concurso arrepiante de Samaín! Parabéns para todos os participantes!!!
- Leo (4º de EI)
Valentina (1º de EP)
Sofía (3º de EP)
Lucía (4º de EP)
Gael (5º de EP)
martes, 28 de outubro de 2025
VISITA DE ESTEFANÍA PADULLÉS!
O venres 17 de outubro, tivemos a sorte de que nos viñera contar un conto, nada menos que a autora de "Que mal día, gato Klops". Puidemos comprobar como o que nos parece un gran mal, se pode transformar, nun gran ben! Tamén nos fixo un debuxo do conto; mirade, mirade...































.jpeg)

.jpeg)