Ola!
O día 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas, cada ano adicado a un persoeiro da historia da arte galega.
Este 2023 a figura homenaxeada é o trobador vigués Martín Códax.
Queres saber máis sobre o Día das Artes Galegas e sobre Martín Códax? Preme na imaxe para realizar as actividades.
Así sonaba Ondas do mar de Vigo, un dos poemas con máis sona de Martín Códax.
E así é como Amaral versionou este poema, convertíndoo en canción.
Con que versión vos quedades?
E agora que xa sabes moítimas cousas sobre Martín Códax, ponte a proba. Dálle a COMEZAR para seguir xogando e aprendendo!
Agardamos que gozaras coas actividades.
Apertas de bolboreta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario