luns, 26 de febreiro de 2024

UNHA DE CALDO DE GLORIA!

Hai quen se animou a facer na casa o Caldiño de Gloria e nos compartiu o momento.

De seguro que estaba ben rico e con este tempo frío veu moi ben para quentar o corpiño.

Grazas polas vosas achegas! Que ilusión nos fixeron! 💖💖💖

Alba (5ºEI)

Eva (1ºEP)

Xabier (2ºEP)

Rodrigo (4ºEP)

Greta (4ºEP) e Norah (6ºEP)

Valentina (5ºEI)

Moitísimas grazas pola vosa colaboración, familias!
Unha aperta de bolboreta moi, moi grande! 🦋 🥰




venres, 23 de febreiro de 2024

CLUB DE CIENCIA: DENSIDADE E FLOTABIBLIDADE

Na sesión desta semana achegámonos ao concepto de densidade a través de diferentes líquidos: auga, aceite, lavalouzas e alcohol.


Despois de mesturar cada un dos líquidos con colorante alimentario, os engadimos un a un, con moito coidado nun vaso, axudándonos de xeringas e pequenos vasiños.

Temos que confesar que o colorante que utilizamos non foi o axeitado, xa que era moi denso e non se mesturaba ben cos líquidos (era moi denso 😜), polo que na seguinte sesión repetiremos o experimento para comprobar que a nosa hipótese é correcta e obtemos un resultado diferente.




Que é o que observamos? pois que os diferentes líquidos non chegan a mesturarse, xa que teñen diferentes densidades.


Polo que observamos, o lavalouzas é o máis denso (pesado) de todos, seguido pola auga, o aceite e, por último, o alcohol, o menos denso (máis lixeiro).

Esto explica por que cando botamos un pouco de mel no leite, a mel afúndese, ou por que na auga do mar é máis doado flotar, xa que ao conter sal, tórnase máis densa.

                  🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊

Entón afectará a densidade á flotabilidade dos obxectos?

O comprobamos botando diferentes obxectos no vaso: unha pedriña, a casca dunha mansadarina, unha bolla das redes, unhas pezas de plástico,  unha moeda...



Puidemos observar que os obxectos con menos densidade son os que mayor flotabilidade teñen. Por exemplo:

- as bollas das redes son menos densas que o alcohol

- a peza de plástico flota no aceite, pero queda sumerxida no alcohol, polo que é máis densa que este último

- a casca de mandarina é máis densa que o aceite pero menos densa que a auga

- a pedra ten moita densidade, máis que o lavalouzas, e afunde


Finalmente, tamén nos decatamos de que a flotabilidade depende da forma do obxecto, pois canta máis base ou superficie de contacto teña co líquido, aumentan as posibilidades de manterse a flote, así como o feito de que sexa un obxecto compacto 8máis peso) ou estea baleiro por dentro (menos peso).

mércores, 21 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro venres 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro, data do nacemento da nosa querida autora.

E para celebrar este día, desta volta traemos unha proposta para facer en familia.

A quen lle apetece degustar un bo caldiño?

Ides tentar facer un caldiño tal como se describe no poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", do seu libro Follas Novas.

Aquí vos deixamos o poema e a historia do mesmo. Premede na imaxe para ampliala.

Se vos animades a facer este Caldo de Gloria, enviádenos unha foto na que se vexa como degustades esta comida tan nosa.
dinamizacionconmeninho@gmail.com

BO PROVEITO!

Apertas de bolboreta 🦋



martes, 20 de febreiro de 2024

NAMORADIÑ@S DO GALEGO!

 Hoxe traemos unha nova proposta con moito ritmo!

O primeiro que tedes que facer é escoitar a seguinte canción de Sonárbore, prestando atención a todas as cousas que as nenas e os nenos do vídeo levan no corazón.

Coñecíades todas estas palabras?

O seguinte que tedes que facer, é escribir unha destas palabras nunha cartolina negra e facer unha ilustración (debuxo) do que significa.

Se queredes, podedes engadir outras palabras que vos gusten ou que se utilicen no Grove, que hai moitas! Preguntade na casa, xa veredes cantas ideas vos dan!

Entre todos podemos facer o noso propio dicionario visual e deixalo na biblioteca para seguir aprendendo novas palabras en galego e gozar das ilustracións tan fermosas que seguro facedes cada un de vós.

Apertas de bolboreta 🦋

ENTROIDO OLÍMPICO!

E ao fin chegou un dos días máis divertidos e agardados do ano: o Festival de Entroido!

Comezamos a xornada cun desfile olímpico, onde cada clase representou o seu deporte, portando a bandeira co escudo deportivo que deseñaran para tal fin.

A continuación cada equipo de deportistas nos agasallou con bailes ben diferentes e creativos. E que dicir dos nosos presentadores! Que ben fixeron o seu traballo! 😍

Ao finalizar coa posta en escena, puidemos degustar diferentes doces típicos do Entroido galego. Non faltaron orellas, filloas, flores... que as nosas queridas familias fixeron con moito cariño. Mil grazas! 💕

E coma sempre, rematamos a xornada facendo o que mellor sabemos: mover o esqueleto ao ritmo da selección musical do Dj máis bailongo do mundo mundial: o noso querido Fran 💙 

Un día moi divertido no que gozamos moito na compañía das familias.💙💚💛💜


Que non pare a festa! Feliz Entroido!
Apertas de bolboreta! 🦋

venres, 16 de febreiro de 2024

EQUIPOS OLÍMPICOS

 





DÍA DA LINGUA MATERNA

O día 21 é o Día Irternacional da Lingua Materna, aquela que nos aprenden a falar dende nenos e coa que nos relacionamos entre nós.

Sabiades que no mundo calcúlase que se falan arredor de 7.100 linguas diferentes?

Escoitade esta canción tan chula de Magín Blanco a ver cantas linguas sodes quen de recoñecer.

Pero cal será a nosa lingua materna?

Ademais do castelán, temos a sorte de aprender galego dende moi pequenos: na casa, na escola, coas compañeiras e compañeiros... Máis cada vez falamos menos galego... por iso depende de nós que unha lingua tan fermosa como a nosa non se perda.

Existen moitos motivos polos que falar galego. Atentos ao que nos conta Uxía Lambona nesta canción.

E vós, por que falades galego?

Podedes deixar a vosa resposta nos comentarios. Agardamos impacientes!

Apertas de bolboreta 🦋

martes, 6 de febreiro de 2024

MANDADO DA MECA PARA O XOVES


 

SOBREMESAS DE ENTROIDO

En Galicia sempre é bo momento para encher o peteiro e con estes doces de Entroido tan gorentosos... a ver quen se resiste!

E na vosa casa que tedes por costume comer de sobremesa?

Agardamos os vosos comentarios!

Apertas de bolboreta con fartura 🦋

sábado, 3 de febreiro de 2024

ANDAINA POLA PAZ

Así vivimos o Día Internacional da non violencia e a paz.

A continuación podedes ver os vídeos resumo que elaboraron as mestras do Equipo de TICs. Grazas compañeiras!



Ao chegar ao centro, o alumnado de  sexto de Primaria leu un manifesto pola Paz e nos explicaron coas súas propias palabras que significado tiñan estas tres letras para eles. Marabilloso!

A continuación, o alumnado de 4º de Primaria, recitou o poema "Imagine", de John Lennon, en galego e inglés.

Para clausurar a xornada, bailamos todos xuntos "O baile da Paz", de Mamá Cabra.

Grazas ás familias por estar sempre e facer comunidade.

Apertas de bolboreta pacifista ☮ 🦋

venres, 2 de febreiro de 2024

POLA CANDELORIA, MEDIO INVERNO VAI FÓRA

O 2 de Febreiro celébrase o Día da Candelaria, coincidindo coa metade do inverno. Neste preciso momento comezan a medrar os días e a natureza prepárase para o estourido de vida que está por chegar.

E como di o refrán "A partir da candeloria, ningunha ave voa soa! Os paxariños andan revolucionados co amor, xa que esta data coincide co retorno das aves migratorias e os cortexos que nos avisan deste renacer primaveral.

Así que se vedes algunha parella de paxariños xuntando con agarimo os peteiros, xa sabedes por que é!

Dende logo que nós non iamos ser menos e unímonos á celebración do amor, agasallando ás compañeiras e aos compañeiros uns fermosos corazóns que contiñan unha chea de palabras fermosas relacionadas coa amizade, a empatía, a colaboración, a axuda mútua... co amor que sentimos por todos os que nos arrodean.

Unha actividade que deixou moita ledicia nos nosos corazóns.






Apertas de bolboreta namorada! 🦋













O ENTROIDO XA ESTÁ QUÍ!




 

A RITMO DE ENTROIDO

O alumnado de 6º preparou a coreografía do baile de Entroido, que como sabedes está relacionado co proxecto do cole, Conmeniño Olímpico! Aquí volo deixo, para que poidades ensaiar moito!

Apertas de Bolboreta 🦋