Na sesión desta semana achegámonos ao concepto de densidade a través de diferentes líquidos: auga, aceite, lavalouzas e alcohol.
Despois de mesturar cada un dos líquidos con colorante alimentario, os engadimos un a un, con moito coidado nun vaso, axudándonos de xeringas e pequenos vasiños.
Temos que confesar que o colorante que utilizamos non foi o axeitado, xa que era moi denso e non se mesturaba ben cos líquidos (era moi denso 😜), polo que na seguinte sesión repetiremos o experimento para comprobar que a nosa hipótese é correcta e obtemos un resultado diferente.
Que é o que observamos? pois que os diferentes líquidos non chegan a mesturarse, xa que teñen diferentes densidades.
Polo que observamos, o lavalouzas é o máis denso (pesado) de todos, seguido pola auga, o aceite e, por último, o alcohol, o menos denso (máis lixeiro).
Esto explica por que cando botamos un pouco de mel no leite, a mel afúndese, ou por que na auga do mar é máis doado flotar, xa que ao conter sal, tórnase máis densa.
🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊 🌊
Entón afectará a densidade á flotabilidade dos obxectos?
O comprobamos botando diferentes obxectos no vaso: unha pedriña, a casca dunha mansadarina, unha bolla das redes, unhas pezas de plástico, unha moeda...
Puidemos observar que os obxectos con menos densidade son os que mayor flotabilidade teñen. Por exemplo:
- as bollas das redes son menos densas que o alcohol
- a peza de plástico flota no aceite, pero queda sumerxida no alcohol, polo que é máis densa que este último
- a casca de mandarina é máis densa que o aceite pero menos densa que a auga
- a pedra ten moita densidade, máis que o lavalouzas, e afunde
Finalmente, tamén nos decatamos de que a flotabilidade depende da forma do obxecto, pois canta máis base ou superficie de contacto teña co líquido, aumentan as posibilidades de manterse a flote, así como o feito de que sexa un obxecto compacto 8máis peso) ou estea baleiro por dentro (menos peso).
Ningún comentario:
Publicar un comentario