O 2 de Febreiro celébrase o Día da Candelaria, coincidindo coa metade do inverno. Neste preciso momento comezan a medrar os días e a natureza prepárase para o estourido de vida que está por chegar.
E como di o refrán "A partir da candeloria, ningunha ave voa soa! Os paxariños andan revolucionados co amor, xa que esta data coincide co retorno das aves migratorias e os cortexos que nos avisan deste renacer primaveral.
Así que se vedes algunha parella de paxariños xuntando con agarimo os peteiros, xa sabedes por que é!
Dende logo que nós non iamos ser menos e unímonos á celebración do amor, agasallando ás compañeiras e aos compañeiros uns fermosos corazóns que contiñan unha chea de palabras fermosas relacionadas coa amizade, a empatía, a colaboración, a axuda mútua... co amor que sentimos por todos os que nos arrodean.
Unha actividade que deixou moita ledicia nos nosos corazóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario