E ao fin chegou un dos días máis divertidos e agardados do ano: o Festival de Entroido!
Comezamos a xornada cun desfile olímpico, onde cada clase representou o seu deporte, portando a bandeira co escudo deportivo que deseñaran para tal fin.
A continuación cada equipo de deportistas nos agasallou con bailes ben diferentes e creativos. E que dicir dos nosos presentadores! Que ben fixeron o seu traballo! 😍
Ao finalizar coa posta en escena, puidemos degustar diferentes doces típicos do Entroido galego. Non faltaron orellas, filloas, flores... que as nosas queridas familias fixeron con moito cariño. Mil grazas! 💕
E coma sempre, rematamos a xornada facendo o que mellor sabemos: mover o esqueleto ao ritmo da selección musical do Dj máis bailongo do mundo mundial: o noso querido Fran 💙
Un día moi divertido no que gozamos moito na compañía das familias.💙💚💛💜
Que non pare a festa! Feliz Entroido!
Apertas de bolboreta! 🦋
Ningún comentario:
Publicar un comentario