mércores, 26 de abril de 2023

FORMACIÓN DE RADIO ESCOLAR

Ola!

Algo estamos a argallar... 

Así foi a formación para mestras e mestres de "Radio Conmneniño, a radio dos grandes e dos pequeniños".

Agora que xa sabemos utilizala, toca poñela en marcha!




Ide pensando nas propostas para facer programas de radio. Vós diredes!

Agardamos as vosas propostas!

Apertas de bolboreta.

martes, 25 de abril de 2023

TEATRO: O PARRULLO FEO

 Ola!

O alumnado de Educación Infantil asistiu a unha obra teatral titulada "O Parrulo Feo".

Canto lles gustou e que ben e pasaron!



Apertas de bolboreta.


luns, 24 de abril de 2023

NOVO RECANTO DE LECTURA

Ola!

Aproveitando a Semana do Libro, inaguramos un novo espazo para imaxinar, partillar lecturas, descansar da algarabía do recreo cun bo libro, ler o xornal... Calquera excusa é boa para facer uso deste recunchiño tan xeitoso.




Felices lecturas!

Apertas de bolboreta!

DÍA DA POESÍA

Ola!

O día 21 de marzo foi o Día da Poesía. Que poemas tan fermosos grabastes! 💛💛💛

Xa sabedes que podedes escoitalos todos na canle de Ivoox de Radio Conmeniño, a radio dos grandes e dos pequeniños ou a través dos seguintes códigos QR.


O alumnado ilustrou todos e cada un dos poemas e repartiunos polos comercios locais  do Grove, co seu correspondente código QR.






Canto nos gustou espallar poesía pola nosa vila!

Bo traballo, cativada!

Apertas de bolboreta para todas e todos os poetas!

sábado, 1 de abril de 2023

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Ola!

O día 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas, cada ano adicado a un persoeiro da historia da arte galega.

Este 2023 a figura homenaxeada é o trobador vigués Martín Códax.

Queres saber máis sobre o Día das Artes Galegas e sobre Martín Códax? Preme na imaxe para realizar as actividades.


Así sonaba Ondas do mar de Vigo, un dos poemas con máis sona de Martín Códax.


E así é como Amaral versionou este poema, convertíndoo en canción.


Con que versión vos quedades?

E agora que xa sabes moítimas cousas sobre Martín Códax, ponte a proba. Dálle a COMEZAR para seguir xogando e aprendendo!



Agardamos que gozaras coas actividades.

Apertas de bolboreta!

martes, 21 de marzo de 2023

RECANTO POÉTICO

É un feito que no noso cole gozamos moito coa escoita, lectura e creación de poemas. É o que ten vivir nunha terra de artistas como é O Grove 😉

Sabíades que na clase de 3º de Primaria de tanto que lles gusta a poesía crearon un Recanto poético?

Nel podedes atopar poemas ilustrados da talla de Antonio García Teijeiro, Ana María Fernández, María Canosa... ou algún que outro poema escrito por unha poeta que sabemos que hai na aula...


Seguide lendo e creando poemas

Non existe mellor cura para as penas.

Animamos a todo o alumnado

 a encher as paredes de pareados.


Feliz día da poesía!!!

Apertas de bolboreta.

mércores, 8 de marzo de 2023

TANIA ÁLVAREZ YATES

Ola!

Esta semana, ademais de contar coa visita das nais, tivemos a sorte de ter no cole a Tania Álvarez, piragüista e campiona mundial de maratón na modalidade K2.

Coa súa personalidade, cercana e humilde, gañouse a confianza da cativada, que aproveitaron para facerlle moitas preguntas. Tiveron a opurtunidade de colgar as súas medallas, ver a súa piragua e ata lles deu tempo a que lles asinase un autógrafo.

Podedes ver este pequeno vídeo da experiencia que vivimos no cole coa súa visita, reivindicando a importancia das mulleres da nosa vila no deporte e máis o valor da práctica de actividade física e a saúde.


Se queredes coñecela un pouquiño máis, non deixedes de ver o seguinte video.



Grazas por todo, Tania. Foi unha honra contar coa túa presencia.

Desexámoste un futuro cheo de éxitos 💜

Apertas de bolboreta!

VALEROSAS

Ola!

Esta foi unha semana moi especial, chea de novas experiencias e, para algunha e algún, chea de orgullo por ter no cole a súa nai.

Tivemos a sorte de contar con varias mulleres (mullerasas) que viñeron contar a que se adican e como é o seu día a día no traballo. Estiveron dacordo con nós en que non existen traballos de homes nin de mulleres e que debemos loitar pola igualdade de dereitos das mulleres, liberdade na toma de decisións. Cómpre visibilizar as súas capacidades e cualidades, valorar e recoñecer os seus logros, para que deste xeito poidan cumprir os seus obxectivos e realizarse como persoas.

Esto foi o que elas compartiron con nós.

Tamara (nai de Xulia, EI) traballa no Mercado.


Silvia (nai de Gabriel, EI) é cociñeira.


Laura (nai de Valentina, EI) é perruqueira.


Noelia (nai de Jaime, 1º EP) é bateeira.


Emma (nai de Greta e Norah, 3º e 5º EP) tamén é bateeira.


Agardamos que fose unha experiencia positiva para todas vós. Pola nosa parte o sentimento é de orgullo e admiración.

Grazas por facer deste 8 de marzo un día tan especial!

Xuntas podemos. Xuntas sumamos. 💪👩

Apertas de bolboreta.

martes, 7 de marzo de 2023

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA: 8M

Ola!

Como sabedes, o 8 de Marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, co gallo de reivindicar 365 días de igualdade de dereitos.

Na nova exposición de libros do corredor podes atopar unha morea de libros para informarte ou coñecer a mulleres relevantes da nosa historia. E si, Rosalía de castro é unha delas ❤ 


Hai títulos marabillosos. Lembrade pasar por aquí a botar unha ollada, e se vos presta, levar algún emprestado 😉

Apertas de bolboreta!


venres, 3 de marzo de 2023

RESUMO DA FESTA CHOQUEIRA!

 Ola,

Aquí vos queda un pequeno resumo da Festa choqueira para lembrar o ben que o pasamos rodeados das nosas familias!


Que non pare a festa! Gozade da fin de semana nesta vila na que ata as cadelas e os cans visten modelos para a ocasión 😜

Apertas de bolboreta!