Canto sabes do Entroido en Galicia?
Investiga e ponte a proba!
Apertas de bolboreta 🦋
Canto sabes do Entroido en Galicia?
Investiga e ponte a proba!
Apertas de bolboreta 🦋
Así vivimos o Día Internacional da non violencia e a paz.
A continuación podedes ver os vídeos resumo que elaboraron as mestras do Equipo de TICs. Grazas compañeiras!
O 2 de Febreiro celébrase o Día da Candelaria, coincidindo coa metade do inverno. Neste preciso momento comezan a medrar os días e a natureza prepárase para o estourido de vida que está por chegar.
E como di o refrán "A partir da candeloria, ningunha ave voa soa! Os paxariños andan revolucionados co amor, xa que esta data coincide co retorno das aves migratorias e os cortexos que nos avisan deste renacer primaveral.
Así que se vedes algunha parella de paxariños xuntando con agarimo os peteiros, xa sabedes por que é!
Dende logo que nós non iamos ser menos e unímonos á celebración do amor, agasallando ás compañeiras e aos compañeiros uns fermosos corazóns que contiñan unha chea de palabras fermosas relacionadas coa amizade, a empatía, a colaboración, a axuda mútua... co amor que sentimos por todos os que nos arrodean.
Unha actividade que deixou moita ledicia nos nosos corazóns.
O alumnado de 6º preparou a coreografía do baile de Entroido, que como sabedes está relacionado co proxecto do cole, Conmeniño Olímpico! Aquí volo deixo, para que poidades ensaiar moito!
Apertas de Bolboreta 🦋
Ola familias,
Como xa sabedes, mañá 30 de xaneiro celebramos a II Marcha pola Paz.
Ás 10:30 horas está prevista a saída por Campos, baixada ata a igrexa, Avenida de Portugal e subida de volta ao cole por Meloxo.
Esperamos que nos acompañedes, un ano máis, e poidamos colgar xuntos as nosas grúas da Paz.
Din que a música é un instrumento para xerar espazos de paz. Axúdanos a relaxarnos, compartir momentos agradables con outras persoas, aprender, valorar diferentes culturas... e fainos sentir moi ben.
A proposta musical para estes días é "Baile da paz", de Mamá Cabra.
Dádelle ao play e escoitade, bailade, gozade! Fagamos entre todas e todos un mundo mellor, no que nunca falte a música.
Apertas de bolboreta! 🦋
O día 30 de Xaneiro é o Día escolar da non violencia e a Paz e este curso imos afondar na historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que tiña dous anos cando a bomba atómica de Hiroxima caeu moi preto da súa casa.
Se queredes coñecer a historia de Sadako e a lenda das mil grúas de papel, non deixedes de ver o seguinte panel interactivo.
Que vos parece se entre todas e todos facemos grúas de papel para amosar o noso rexeitamento a violencia de calquera tipo?
Queremos un mundo sen guerras, se agresións, espazos libres de violencia, un mundo onde os conflitos atopen solución a través do diálogo. Queremos vivir nun mundo de paz.
Despedimos o ano como manda a tradición: moito baile, moita alegría e moito galego! 👏👏👏
Parabéns, rapazada!