martes, 6 de febreiro de 2024

MANDADO DA MECA PARA O XOVES


 

SOBREMESAS DE ENTROIDO

En Galicia sempre é bo momento para encher o peteiro e con estes doces de Entroido tan gorentosos... a ver quen se resiste!

E na vosa casa que tedes por costume comer de sobremesa?

Agardamos os vosos comentarios!

Apertas de bolboreta con fartura 🦋

sábado, 3 de febreiro de 2024

ANDAINA POLA PAZ

Así vivimos o Día Internacional da non violencia e a paz.

A continuación podedes ver os vídeos resumo que elaboraron as mestras do Equipo de TICs. Grazas compañeiras!



Ao chegar ao centro, o alumnado de  sexto de Primaria leu un manifesto pola Paz e nos explicaron coas súas propias palabras que significado tiñan estas tres letras para eles. Marabilloso!

A continuación, o alumnado de 4º de Primaria, recitou o poema "Imagine", de John Lennon, en galego e inglés.

Para clausurar a xornada, bailamos todos xuntos "O baile da Paz", de Mamá Cabra.

Grazas ás familias por estar sempre e facer comunidade.

Apertas de bolboreta pacifista ☮ 🦋

venres, 2 de febreiro de 2024

POLA CANDELORIA, MEDIO INVERNO VAI FÓRA

O 2 de Febreiro celébrase o Día da Candelaria, coincidindo coa metade do inverno. Neste preciso momento comezan a medrar os días e a natureza prepárase para o estourido de vida que está por chegar.

E como di o refrán "A partir da candeloria, ningunha ave voa soa! Os paxariños andan revolucionados co amor, xa que esta data coincide co retorno das aves migratorias e os cortexos que nos avisan deste renacer primaveral.

Así que se vedes algunha parella de paxariños xuntando con agarimo os peteiros, xa sabedes por que é!

Dende logo que nós non iamos ser menos e unímonos á celebración do amor, agasallando ás compañeiras e aos compañeiros uns fermosos corazóns que contiñan unha chea de palabras fermosas relacionadas coa amizade, a empatía, a colaboración, a axuda mútua... co amor que sentimos por todos os que nos arrodean.

Unha actividade que deixou moita ledicia nos nosos corazóns.






Apertas de bolboreta namorada! 🦋













O ENTROIDO XA ESTÁ QUÍ!




 

A RITMO DE ENTROIDO

O alumnado de 6º preparou a coreografía do baile de Entroido, que como sabedes está relacionado co proxecto do cole, Conmeniño Olímpico! Aquí volo deixo, para que poidades ensaiar moito!

Apertas de Bolboreta 🦋