luns, 13 de febreiro de 2023

APÚNTATE Á COMPOSTAXE!

Queridos amantes da natureza!

Como gozamos co obradoiro tan divertido que argallou o biólogo do Plan Revitaliza para identificar os pequenos invertebrados que habitan o noso composteiro e aprender a súa función no proceso da compostaxe.

Queredes ver o que fixeron estos expertos científicos?


Que interesante e divertido foi descubrir todo este mundo pequeniño! Agora xa sabemos "Quen vive aí?"

E agora, xa sabedes: o cambio comeza por nós mesmos! Apuntádevos á compostaxe! Unha alternativa necesaria, ecolóxica e cen por cen natural. 😉 

Apertas de bolboreta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario