sábado, 30 de marzo de 2024

SOMOS ESCULTORES!

Ola rapazada!

Para festexar o Día das Artes Galegas convertímonos en perfectos escultores durante unhas horas.

Coma ben sabedes, este ano o artista homenaxeado é Francisco Asorey, o escultor cambadés. Así que puxémos mans á obra e velaí tedes o resultado.


Canto artista temos no cole!
Todo apunta a que aquí temos futuro 😉

Grazas pola vosa colaboración.
Apertas de bolboreta 🦋


8M: SUPERAVOAS

Este ano, polo 8M, foi a quenda das avoas, unha parte esencial das nosas vidas.

Elas,  puideron vir ao centro a contarnos historias, contos, lendas, refráns ou historias da súa infancia... e así foi como algunhas delas animáronse a participar compartindo un anaquiño do seu tempo con nós. 

Gracias por facelo posible familias, por colaborar sempre 💪

A continuación, deixámosvos un pequeno resumo coas nosas grandes protagonistas.

Comezando polos máis pequenos, tivemos a visita da avoa de Manuel de Pedre, de 3 anos, que nos trouxo diferentes sementes para plantar e nos explicou tantas cousas sobre o horto.








Na aula de primeiro de primaria, a avoa de Eva contou un fermosos conto sobre os avós.


A avoa de Valeria, veu falar da súa infancia e dos recordos tan bonitos que aínda ten sobre a súa mestra.



No terceiro curso acompañounos a avoa de Lucas Charlín. Falounos da súa infancia, contounos historias e agasallounos cun obxecto de Amigurumi ganchillado, creado por ela. A verdade é que quedamos abraiadas!




En cuarto curso, a avoa de Borja e Vera contou unha morea de cousas sobre tempos pasados. Falou sobre a vida no Grove cando era nena, dos seus primeiros traballos na conserveira, de ir á seca para facer colares de cunchas antes de ir ao baile, da chegada da televisión... Canto cambiaron as cousas! Ademais, como é boa cociñeira, trouxo un delicioso biscoito do que non quedou unha miguiña!



E por último, no sexto curso, as avoas de Lara e de Inés tamén tiveron moito que aportar falando un pouquiño da súa historia e da súa infancia.



Dende o cole, queremos agradecer a todas as avoas a vosa participación e colaboración nestas actividades de tanto proveito para o futuro das novas xeracións, que sepan valorar e aproveitar as oportunidades que a vida lles ofrece. Gracias familias 💜






venres, 29 de marzo de 2024

SAAABOR!

O pasado mes, en colaboración co Concello do Gorve, o alumnado de 3º e 6º acudiu ao auditorio para gozar da obra "Saaabor", un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e colaboración co público (como podedes ver a Daniel do 3º curso, subido ao escenario, nunha das fotos). 




A obra trata sobre un sabroso menú e será retransmitido pola TVG nos vindeiros meses.

Estade atentos para non perder este espectáculo televisivo. Non tódolos días saímos na televisión!

Apertas de bolboreta teatreira! 🦋

luns, 25 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA

Amiguiñas e amiguiños

do cole de Conmeniño,

bótadelle unha ollada ás creacións

que a cativada fixo con tanta ilusión.


Cantos poemas aprenderon

dos grandes escritores galegos.

Que versos tan feitiños

recitaron os nosos miniños!


Se os queredes escoitar

o QR teredes que activar,

como fixo de Bizocas o alumnado

para poder gozar deste agasallo.














Grazas a todas e a todos de corazón

por poñer tanta ilusión.


O 21 de marzo

ou calquera outro día

que non falte a poesía 🤩


Apertas de bolboreta

para todas e todos os poetas! 🦋💛

mércores, 20 de marzo de 2024

INTERCAMBIANDO VERSOS E POEMAS

 Ola!

Deixamos por aquí a ligazón do blog do CEIP de As Bizocas para que poidades ver e gozar cos poemas que elaborou o alumnado do Club de Lectura para o Día da Poesía.

Preme aquí para ver os video-poemas

Grazas, compañeiras e compañeiros. E parabéns polo voso traballo!

Apertas de bolboreta dos vosos compas do Conmeniño 🦋

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

  O pasado 17 de marzo foi o Día do Cómic. Para conmemoralo tivemos con nós a Nadia para realizar un obradoiro de banda deseñada. Falamos das técnicas básicas do debuxo e fixemos unha pequena páxina de cómic autoconclusiva para que as nenas e os nenos se familiarizasen co medio.






martes, 19 de marzo de 2024

BICOS DE FLORES DA CATIVADA DE 1º

Coa finalidade de celebrar o Día da Poesía, o alumnado de 1º de Primaria recitou e ilustrou o poema ``Bicos de Flores´´ de Xosé Luna Sanmartín.
Esperamos que vos guste!



venres, 15 de marzo de 2024

CLUB DE CIENCIA: BOLBORETARIO

Dende xa fai dous cursos escolares, adicámonos a observar o ciclo da especie Papilio Machaon, unha das bolboretas máis grandes e fermosas que habita a nosa Península.

Este impresionante lepidóptero acostuma a pór os seus ovos no fiuncho que medra nos camiños, pranta da que se alimenta. Máis cando chega o tempo de desbroce, moitos ovos e eirugas non chegan a completar o seu ciclo.

Así, decidimos probar sorte e tentar darlle unha oportunidade a algunha delas. Aínda que ao principio cometimos moitos erros por descoñecemento, pouco a pouco fomos aprendendo como criar a estas sorpredentes criaturas a conseguir que catro delas completaran o ciclo.

A continuación podedes ver o que observamos e aprendemos nestes dous anos de investigación.

Agora que xa sabemos tantas cousas sobre a Papilio Machaon e as súas necesidades, abrimos a sesión expoñendo os bocetos para a contrución dun bolboretario.






Despois de expoñer cada un dos proxectos, acordamos que o bolboretario tiña que cumplir coas seguintes condicións:

- A localización do mesmo ten que ser nun lugar do patio onde dea o sol e ao mesmo tempo teña algo de sombra, afastado das zonas de xogo con pelotas ou outros xoguetes que poidan sair despedidos.

- A estrutura será de madeira, con forma de prisma cuadrangular, e as caras do mesmo, de malla moi fina, para impedir que entren moscas e avespas, grandes inimigos das eirugas.

- Debe contar con suficiente espazo para que poidamos entrar a observar e coidar ás eirugas, e que as bolboretas, no momento de nacer, non tiveran dificultades para estirar as ás e evitar que poidan mancarse.

- Haberá que mercar bastantes plantas de fiúncho para non ter que estar recollendo o mesmo no exterior cada dous días.

- Ademais, contaremos cun pequeno "hospital de bolboretas" na aula, para atender a aquelas que poidan nacer con algunha malformación nas ás e ou aqueloutras que precisen algún tipo de coidado especial.

- Como máximo albergará cinco bolboretas.


Actualmente xa temos unha idea máis clara do que queremos e precisamos, so queda falar con Fran, o noso conserxe favorito, para que nos axude a facer realidade este proxecto que tanta ilusión nos fai.


venres, 8 de marzo de 2024

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA

O 5 de marzo tivemos a oportunidade de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.


Aprendimos unha morea de cousas novas sobre a autora e fíxonos moita ilusión poder ver todos os rincóns da casa onde a nosa Rosalía pasou gran parte da súa vida.




















Un día inesquecible no que coñecemos un pouquiño máis a esta gran referente da nosa terra.

Apertas de bolboreta rosaliana 🦋🌹