Este ano, polo 8M, foi a quenda das avoas, unha parte esencial das nosas vidas.
Elas, puideron vir ao centro a contarnos historias, contos, lendas, refráns ou historias da súa infancia... e así foi como algunhas delas animáronse a participar compartindo un anaquiño do seu tempo con nós.
Gracias por facelo posible familias, por colaborar sempre 💪
A continuación, deixámosvos un pequeno resumo coas nosas grandes protagonistas.
Comezando polos máis pequenos, tivemos a visita da avoa de Manuel de Pedre, de 3 anos, que nos trouxo diferentes sementes para plantar e nos explicou tantas cousas sobre o horto.
A avoa de Valeria, veu falar da súa infancia e dos recordos tan bonitos que aínda ten sobre a súa mestra.
No terceiro curso acompañounos a avoa de Lucas Charlín. Falounos da súa infancia, contounos historias e agasallounos cun obxecto de Amigurumi ganchillado, creado por ela. A verdade é que quedamos abraiadas!
En cuarto curso, a avoa de Borja e Vera contou unha morea de cousas sobre tempos pasados. Falou sobre a vida no Grove cando era nena, dos seus primeiros traballos na conserveira, de ir á seca para facer colares de cunchas antes de ir ao baile, da chegada da televisión... Canto cambiaron as cousas! Ademais, como é boa cociñeira, trouxo un delicioso biscoito do que non quedou unha miguiña!
E por último, no sexto curso, as avoas de Lara e de Inés tamén tiveron moito que aportar falando un pouquiño da súa historia e da súa infancia.
Dende o cole, queremos agradecer a todas as avoas a vosa participación e colaboración nestas actividades de tanto proveito para o futuro das novas xeracións, que sepan valorar e aproveitar as oportunidades que a vida lles ofrece. Gracias familias 💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario