venres, 8 de marzo de 2024

CLUB DE CIENCIA: ESPAGUETE CHALLENGE

O obxectivo deste reto era conseguir crear unha estrutura o máis alta posible que se sostivera por si sola, facendo uso únicamente de 10 espaguetes, cinco malvaviscos e fita adhesiva. A única premisa era que un dos malvaviscos tiña que estar no cumio da construción, sen subrir ningún tipo de modificación.

Así que os nosos equipos puxéronse mans á obra aplicando diferentes técnicas e estratexias para que a estructura fora collendo forma.





Non imaxinades a de veces que, cando casi o tiñan conseguido, a caprichosa estrutura desbaratábase e era necesario volver comezar ou introducir as modificacións precisas: facer unha base máis estable, reforzar algunha parte para aumentar a resistencia, tentar repartir o peso dalgún xeito...



Máis os nosos especialistas non se deron por vencidos en ningunha ocasión, seguiron traballando en equipo e buscando solucións incansablemente.


Canto aprenderon con este reto! E canto nos ensinaron a nós, as mestras!💛💛💛

Parabéns, equipo! Que ben o pasamos sempre e que orgullosas nos facedes sentir! 😻

Ningún comentario:

Publicar un comentario